Minimalista resumo en pictogramas de libros e filmes

Recordas aquel xogo que che pasaron por whatsapp o ano pasado, no que tiñas que recoñecer o título de diversos filmes a través de símbolos e emoticonos? Hoxe vas facer algo parecido só que con pictogramas diferentes e que non fan referencia a títulos, mais a argumentos.

Matteo Civaschi e Gianmarco Milesi son dous publicistas italianos que publicaron xa hai anos un libro (‘Life in five seconds‘) con máis de 250 imaxes que, en pictogramas, explicaban eventos, personaxes, animais, lugares ou libros. O subtítulo do libro, irónico, aclaraba “sobre 200 historias para aqueles sen tempo que perder”. Nuns días sairá un novo libro dos mesmos autores, ‘Film in five seconds no que 150 películas icónicas son descritas cuns poucos pictogramas, prescindindo de todo o que resulta accesorio na trama. O resultado é enxeñoso, provocador e divertido.

Na galería podes ver 12 imaxes de filmes, libros e series de televisión. E máis abaixo, as solucións. Non fagas trampas!

1. A metamorfose. 2. A Odisea. 3. Avatar. 4. Cumes borroscosos. 5. Matrix. 6. Frankenstein. 7. Lost. 8. E.T.. 9. Moby Dick. 10.Pulp Fiction. 11. O señor dos aneis. 12. Romeo e Xulieta.

Shares

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *