Off Culturgal 2013: estes son os proxectos seleccionados

disque_culturgal

Encántanos esta tarefa de organizar o Off Culturgal (este é xa o terceiro ano!), pero sempre hai un momento moi complicado: despois de pasalo tan ben recibindo e coñecendo propostas, temos que escoller. Ser xurado non é nada doado! Pero collemos aire e aceptamos que o formato 9×9 di que só poden participar nove proxectos creativos, así que fixemos a nosa escolla. Que mágoa ter que deixar fóra proxectos que tamén merecían estar!

Pero deixemos de xustificarnos e vaiamos ao que estades todos desexando ler (supoñendo que aínda esteades a ver isto, seguro que moitos pasaron directamente a ver o listado!): quen poderá presentar a súa proposta en nove minutos (6 de diapositivas e 3 de preguntas) no Off Culturgal o vindeiro 30 de novembro? Estes son os proxectos seleccionados!

– Doutroxeito Coworking. Chus Prol (COWORKING)

– A Gata Moscovita. Paula Tubío (DESEÑO DE XOIAS)

– Ciranda, à volta do português. (RECURSOS CULTURAIS)

– La Mujer Araña. Verónica Novoa (TECIDOS CREATIVOS)

– Cartografías Sensibles. Joana Covelo (PATRIMONIO + TECNOLOXÍA)

– Ukelele Kit Project. Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico) (MÚSICA E ARTE)

– Trivial da Terra de Melide. Xesús Freire (APP MÓBIL)

– Creatorio (REDE SOCIAL)

– O Retrovisor (MAGAZINE WEB)

O Off Culturgal, como xa vos contamos hai uns días, é un encontro informal e dinámico de xente creativa que Disquecool organiza desde hai un par de anos no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que terá lugar o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro en Pontevedra. Vémonos alí!

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *