5 katiuskas para o tempo de chuvia (e un bonus track)

Chega a chuvia, chega o outono e chega a lista anual de katiuskas para a tempada. Que mellor xeito de enfrontarse ao tempo que cunhas botas de auga?

1. Mini katiuskas xoia. Estas son da marca estadounidense Dizzy. Hainas versión xoia e versión laciño e pódense mercar vía ecommerce británico. Vos veredes se o das xoias é o voso ou se dado o boom dos últimos anos de pinchos e semellantes xa non as queredes ver máis.

dizzy 3

 

 botas transparentes modcloth2. Botiñas de chuvia transparentes. Sabemos que as katiuskas transparentes de Kling gustaron moito, pero son da tempada pasada así que non será doado atopalas agora.  Temos unha alternativa. O de que as medias ou os calcetíns sexan en realidade o que se vexa é moi postmodernidade atopa á moda de masas, pero mola. Sobre todo cando pensas en todas esas medias marabillosas que mercas porque son bonitas, pero non sabes cando ou como poñer porque son demasiado fermosas para levalas agochadas.

Estas son ModCloth (xa sabedes: a tenda de cousas preciosas e retro estadounidense). Vai cobrar gastos de envío, pero vos deixades engaiolar por algunha outra cousa sempre teredes unha boa escusa.

 3. Lola Ramona. Lola Ramona é unha marca de zapatos danesa, que naceu no 2006 para, segundo explican, cubrir un baleiro existente no mundo do deseño de zapatos. Son zapatos con actitude, prometen. Aínda que é danesa, podedes atopar de forma sinxela os seus modelos en España. Están en Amazon (si, ese Amazon que está a facerse co mercado dos libros: tamén venden zapatos). Podedes velas tamén na súa web (abaixo tedes o link para a compra directa en Amazon).

holly lola ramona

Por que nos gustan? Teñen cousas encarnadas, círculos xigantes e non son discretas. Que máis se lles pode pedir?

havaianas4. Havaianas. A marca de chanclas de dedo tamén ten katiuskas para os días de chuvia e, por suposto, dentro da filosofía  amamos o verán da marca. Se cadra son un pouco excesivas polo de coloristas, pero deberiades pensar no que serán os días de chuvia con elas. Miras para os pés, ves esta estampa caribeña e non che queda máis remedio que sorrir.

Pódelas mercar en Amazon,  que é onde vimos o modelo soleado. Ademais destas, teñen outros modelos máis na súa tenda online propia (son moito máis discretos).

zalando5. Girly. Se máis que coloristas optades polos toques girly, podedes procurar unhas das que teñen lazos reais. Dos de verdade. Hainas en varias tendas online, con maior ou menor fortuna.

O tema lazos xa sabedes que é un recorrente da decoración de toda clase de produtos e nos zapatos, ben levados, poden dar moito xogo. Non vos deixedes levar polos prexuízos con respecto aos pobres.

Estas son un pouco caras, pero moi fermosas, e chegan vía Zalando. Hainas en azul e en encarnado.

Bonus track: Non son botas de goma, pero tamén valen para a chuvia. Lola Ramona ten estas (120 euros) chamadas Elsie, de aire totalmente retro (moi decimonónicas) e cun peche que recorda ás gominolas.

elsie lola ramona

Foto | Tanveer Chandok

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *