Nunha cidade hai moitas cousas feas. Os sumidoiros son só unha delas, prácticos, sen dúbida, pero pouco atractivos, especialmente cando acaban converténdose nunha especie de papeleira. Por suposto, un non anda pensando no mellorables que son eses ocos no chan -a menos que haxa inundacións-, porque como xa dixen, cousas feas, grises, pragmáticas na cidade, hai moitas.
Pero se un día un va andando pola rúa, os ollos fixos no chan, e de repente ve un sumidoiro convertido na boca de Papá Noel, ou de Mario Bros, ou dun coelliño, seguro que o agradece. E iso é posible en Sao Paulo, gracias ao proxecto 6emeia, polo que Anderson Augusto e Leonardo Delafuente levan transformando o barrio de Barra Funda desde 2007, con accións de street art como a de personalizar os sumidoiros.
O seu obxectivo é transformar o cotiá e propor un novo ollar, porque ata o obxecto máis esquecido pode exhalar arte. Arte e alegría, xa que os sumidoiros de 6emeia son, como eles mesmo explican, gotas de cor nun inmenso balde cinza.
Se vas a Sao Paulo, podes botar un ollo a este google maps coa posición dalgúns destes sumidoiros. E se non, podes conformarte con ver algunhas fotos. Ou mellor aínda: con copiar isto nalgunha das nosas cidades.
En Ribadeo fíxose o ano pasado coas tapas de alcantarilla. Como se celebraba o Ribadeo de tapeo -de comer tapas nos bares-, algúns artistas locais pintaron tapas -de alcantarillas- =)
Aquí podedes ver o resultado:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/05/tapas-10-ou-10-de-tapas.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/05/tapas.html
Tamén ó ano seguinte: http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/09/tapas-pintadas.html