Venres tarde e sénteste deprimido? O sol non brilla, o amor non chega e na túa radio só soa Elliot Smith? Menos mal que Disquecool está aquí para facerte recuperar a fe na humanidade!
Déixoche aquí 5 vídeos que deberían facerte sorrir, aínda que nestas cousas nunca se sabe. Non traspasar a liña entre o inspirador e o pueril non resulta nada fácil, como ben sabes se algunha vez trataches de ler un libro etiquetado como de auto-axuda.
Pero imos alá con 6 vídeos bonitos, optimistas e que nos recordan que temos moito de bo.
1. O libro da felicidade
O libro da felicidade existe (fisicamente, quero dicir). Seino porque regaloúselle a unha amiga, e non podo asegurar que cambiase a súa vida, pero é imposible lelo ou ver o vídeo e non tomar a determinación -por 15 minutos- de aprender a gozar da vida (sacarlle partido ao momento, bailar, quererse e todo iso).
2. You and me song
O amor sempre pon de bo humor, e se é con debuxiños entrañables, mellor que mellor. Moi sinxela, pero efectiva, recreación da canción de The Wannadies ‘You and me song’.
3. Experimento comparte
O vídeo experimento de Acción contra el hambre móstranos que ocorre cando un neno ten un sándwich e outro neno non. A situación real no mundo non é nada inspiradora, pero o vídeo (recemos a deus porque non estea trucado) mostra que hai lugar para a esperanza. Esta vez estamos con Rousseau!
4. O mellor consello do mundo (usa protector solar)
O texto escribiuno unha xornalista en 1997, pero existe unha lenda urbana que o atribúe a Kurt Vonnegut. É auto-axuda total, pero con máis razón que un santo.
5. In this world
Se pos optimismo en youtube, este vídeo dunha canción de Moby é o primeiro que sae (subtitulado con mensaxes de ánimo). Os marcianiños mostran espírito de superación e nós só temos que aprender.
6. Fifty people one question
Este é un proxecto fantástico (que nunha ocasión os membros de Disquecool trataron de emular), facerlle a persoas ao chou unha pregunta persoal difícil e recoller as respostas. A xente sempre resulta adorable. E iso anima un montón!
Fifty People, One Question: Brooklyn from Fifty People, One Question on Vimeo.