Quen non pasou un venres, un sábado ou un domingo encadeando vídeos en Youtube? Comezas cos experimentos de Coca Cola e Mentos, pasas a Charlie o neno que morde dedos, e de súpeto xa estás dándolle ao play de Leave Britney alone. Para que perdas un pouco máis o tempo na rede en vez de saír a respirar aire puro, iniciamos nova sección, ‘Vídeos para a fin de semana’, e facémolo cunha selección de vídeos para ver antes de saír de festa. Aquí van!
1. Divine Comedy – National Express. Unha das cancións favoritas da redacción de Disquecool para bailar no salón antes de saír á rúa unha noite de troula. Neil fainos tan felices!
2. Richard & Linda Thompson – I Want To See The Bright Lights Tonight. A outra canción que nos motiva un venres noite, aínda que a versión que realmente nos gusta é esta.
3. Electric Six – Danger! High Voltage! A selección do noso fotógrafo. A señora danos moita grima.
4. Queen – Don’t Stop Me Now. Quen non sae a dalo todo con esta canción?
5. Cyndi Lauper – Girls Just Want To Have Fun. O videoclip non ten desperdicio, tan 80’s!
6. Raphael – Mi gran noche. Para os máis clásicos, “qué pasará, qué misterio habrá, puede ser mi gran noche…”.
7. Europe – The Final Countdown. Sobran as palabras.
Cales son os teus?
Das que puxéchedes… Danger! Danger!
De Hercules and love affair la de Blind!!
Sodes xeniais! Gústanme todas (un puntazo Raphael!) Eu engadiría Cheryl Lynn – Got to be real
http://www.dailymotion.com/video/x1ap5x_cheryl-lynn-got-to-be-real-1978_music
(xa me están entrando as ganas de sair…)
Eu engadiría un pouco de Jackson 5 (http://www.youtube.com/watch?v=7i7bb3uV-ns) e un pouco de Wham! (http://www.youtube.com/watch?v=pIgZ7gMze7A).
Cos vídeos a pantalla completa e imitación das coreografías :D
FESTA!!!
http://www.youtube.com/watch?v=VJNBfBr-OGU
en directo dende A Coruña
http://www.youtube.com/watch?v=ZLV6c986bOk
Todas excelentes suxerencias :)