O Primavera Sound portugués vai tomando forma

Optimus Primavera SoundTiñamos todos un pouco de medo. Había xa máis dun mes que a rolda de prensa cos grandes nomes para o Primavera Sound tivera lugar, pero falaban só de Barcelona. E efectivamente, todos eses anuncios enormes (Beirut, Franz Ferdinand, Rufus Wainwright, Josh T. Pearson…) eran só para o San Miguel Primavera Sound. En breve, dicían, anunciaremos cousas para o Optimus Primavera Sound de Porto. Pero os días pasaban e seguía sen saberse nada.

Esta mañá, por fin, tivo lugar a rolda de prensa adicada a anunciar novos nomes exclusivamente para Portugal. O resultado provoca sentimentos contradictorios. Por unha banda, trátase dun cartel impresionante, diso non hai dúbida. Temos a Björk, a Rufus Wainwright, aos Flaming Lips… O problema chega cando poñemos ao lado ao seu irmán maior barcelonés e comparamos. Onde está Beirut? E Sharon Van Etten? E Franz Ferdinand? Todos temos algún artista favorito que cambiaríamos por Björk.

Iso si, non está todo perdido. Desde a organización xa aclararon que aínda faltan moitos artistas por confirmar, polo que ese cartel irá crecendo, aínda que é doado pensar que os ases xa están todos cara arriba. Collamos aire e cambiemos de actitude. A lista segue sendo moi longa e hai moitos grupos descoñecidos: enfoquemos o Primavera Sound portugués desde o lado do descubrimento e a tranquilidade. Total, en Barcelona sempre hai coincidencias desafortunadas de dous artistas que un quere ver á mesma hora en lugares distintos. En Porto é máis difícil que iso pase.

E de todas formas o cartel segue a non estar nada mal:

THE AFGHAN WHIGS
ATLAS SOUND
BAXTER DURY
BEACH HOUSE
BIGOTT
BJÖRK
BLACK LIPS
CODEINE
DEATH CAB FOR CUTIE
DEATH GRIPS
DEMDIKE STARE
DIRTY THREE
THE DRUMS
EROL ALKAN
ESPERIT!
EXPLOSIONS IN THE SKY
THE FLAMING LIPS
FOREST SWORDS
GALA DROP
I BREAK HORSES
JAMES FERRARO AND THE BODYGUARD
JEFF MANGUM (NEUTRAL MILK HOTEL)
JOHN TALABOT (LIVE)
LEE RANALDO
MUJERES
NEON INDIAN
NUMBERS SHOWCASE (JACKMASTER, ONEMAN, DEADBOY, SPENCER, REDINHO)
THE OLIVIA TREMOR CONTROL
OTHER LIVES
THE RAPTURE
RUFUS WAINWRIGHT
SAINT ETIENNE
SHELLAC
SISKIYOU
SLEEPY SUN
SPIRITUALIZED
TALL FIRS
TENNIS
THEE OH SEES
VERONICA FALLS
THE WALKMEN
THE WAR ON DRUGS
WASHED OUT
WAVVES
WE TRUST
WILCO
WOLVES IN THE THRONE ROOM
THE XX
YANN TIERSEN
YO LA TENGO

* O Optimus Primavera Sound terá lugar entre o 7 e o 9 de xuño no Parque da Cidade en Porto. E para quen estes nomes non sexan suficientes, sempre se pode seguir facendo a xa tradicional viaxe a Barcelona en maio. Ou, para os fanboys e fangirls do festival con cartos aforrados, acudir ás dúas edicións e comparar con coñecemento de causa!

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *