Xogos de viaxe

Di Claudio Magris que a quen lle gusta viaxar, goza tamén da burocracia da viaxe (cita algo libre), pero eu, que sufrín nas miñas carnes longas horas en trens e autobuses, sei tamén que chega un momento no que un non é capaz de durmir, ler, gozar da paisaxe ou ter unha conversa intelixente.

Disquecool está aquí para sacarvos do voso tedio transportil. En pleno mes de agosto… quen non ten preparada unha viaxiña? Para levar o mellor posible o traxecto,  e sempre e cando contedes cun acompañante, teredes que recorrer a unha das cousas menos cool -ou iso creedes vós- que existen: ¡os xogos de viaxe! 

Eu non quero molestarme en explicarvos que o retro -véase volver á infancia- sempre mola. Aquí déixovos, simplemente, os meus xogos favoritos:

1. Neste baúl hai…

Neste baúl hai un can, neste baúl hai un can e unha chave, neste baúl hai un can, unha chave e un teléfono… Recordades? Xogo sinxelo e moi didáctico, fai pasar as horas coma minutos e un acaba coa satisfacción do exercicio mental ben realizado.

Cada participante ten que recordar por orde que cousas hai dentro do baúl e engadir unha mais. A miña marca está en 23, anímovos a superarme.

2. Adiviña a personaxe

Un pensa unha personaxe e o resto ten que descubrila facendo preguntas que so se poden responder cun si ou cun non. Valen vivos e mortos, personaxes reais e de ficción… Se viaxas con nenos, unha boa idea é facer o xogo con animais.

3. Palabras encadeadas

Cada palabra debe comezar coa sílaba coa que terminou a anterior, aínda que aquí hai polémica. Algúns afirman que a segunda palabra pode partir a sílaba final da anterior (exemplo: coador-dorido), mentres que outros sosteñen que hai que respectala (coador-dorna). Aínda que eu inclínome pola segunda opción, o certo é que unha vez que localizas certas terminacións que non é posible utilizar sen partir o xogo pode volverse repetitivo.

4.  Citas célebres

Para darlle un aire intelectualoide aos vosos xogos, o das citas célebres é o mellor. Ti pronuncias un verso, por exemplo, e a outra persoa debe adiviñar de quen es.  O problema é que si non tes moi boa memoria é probable que acabes recitando con diez cañones por banda e outros clásicos escolares, e así tes todas as de perder.

5. Cancións encadeadas

Moi estimulante, pero pode facer que os vosos acompañantes de vagón ódienvos. O mecanismo é similar ao de palabras encadeadas, consiste en cantar unha frase dunha canción e a outra persoa ten que cantar unha canción diferente con algunha das palabras utilizadas na canción precedente.

Exemplo:  Pero al llegar agosto, vaya vaya, aquí no hay playa –  Eva María se fue buscando el sol en la playa – rayando el sol, lalala, es más fácil llegar al sol que a tu corazón…

É moito mais difícil do que parece, e convén cantar partes mais ou menos longas para que poda aparecer algunha palabra inspiradora.

6. Xogos con boli e papel

Se contas con boli e papel (e non tes que conducir) aprovéitao.  Afundir a frota e sen dúbida o mellor, pero o aforcado e o dos ceros tamén poden axudarte a pasar un rato entretido.

Que outros xogos conseguen facervos pasar o tempo máis rápido? (dicide o que queirades salvo o “veo, veo”, que négome a incluílo na categoría de “xogos divertidos”).

Foto | Andy Wright

Shares

    Etiquetas

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará