Que facer cando cansas da túa vida? Un blog

Algunha vez vos pasou iso de estar fartos do lugar no que vivides? A Tom pasoulle. E iso que vive en Londres. En outubro de 2008 deuse conta de que estaba farto de vivir na capital británica. Todos os días eran o mesmo: a mesma rutina, os mesmos lugares, as mesmas cousas de sempre. Estaba canso da súa vida. Para meter presión na crise existencial… existe unha sentencia de Samuel Johnson que di que cando un se farta de Londres, é que está farto da vida.

E para remedialo, no canto de suicidarse ou de ir a un psicólogo que o orientase no camiño da felicidade ou de mercar libros de autoaxuda (todas estas cousas custan cartos e o primeiro é demasiado irreversible) abriu un blog.

Así naceu Tired of London. Tired of life. Cada día publica un post sobre un sitio diferente da cidade: lugares, cousas que facer, espazos que visitar… que non son moi populares. A mensaxe é clara: se estás farto da túa vida a culpa é túa. Sempre quedan cousas por explorar. Só hai que saír da casa.

Entre as últimas cousas que fixo Tom están a de visitar un centro de depuración de augas, descubrir un xardín de herbas medicinais, unirse ao día de Dickens ou achegarse á catedral rusa.

Foto | _dChris

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *