Tamén hai unha app para Kerouac

Xa sabedes que para todo, para absolutamente todo, there is an app for that. E a última cousa en sumarse á lista de descargable para o imperio Apple é nada máis e nada menos que a obra de Jack Kerouac. Penguin Classics acaba de lanzar unha aplicación para o iPad que presenta unha edición completa e repleta de inéditos da súa obra cumbre, ‘On the road’.

Por algo menos de 17 dólares, uns doce euros, Penguin Classics permite acceder ao texto, tal como era na primeira edición da obra. Pero non só iso : é unha edición digna do máis fanático da obra do autor beat. O texto vén acompañado por fotos de Kerouac sacadas do arquivo dos seus herdeiros, por fragmentos de audio das lecturas que o autor fixo da súa obra, páxinas dos diarios que o escritor mantiña mentres facía a viaxe que inspirou a novela ou mapas interactivos sobre o percorrido.

E isto só é unha pincelada de todo o que aporta a app que, para pracer dos máis cotillas, trae as cartas intercambiadas entre o autor e o seu editor, a quen non acababan de convercerlle algunhas cousas tratadas.

Algunhas imaxes da aplicación de On the road para iPad

Penguin Classics está coidando moito o salto ao dixital das obras do seu fondo, como demostra unha rápida ollada á súa páxina, con edicións de luxo dalgúns dos títulos máis coñecidos da literatura universal ou versións enhanced, unha desas últimas tendencias na industria editorial que sacan o mellor partido do que pode aportar a versión dixitalizada.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *