Casas de bonecas do século XXI

O mundo das miniaturas está en plena revolución, e xa non chega con amoblar casas vitorianas inspiradas no século XIX, onde o sofá está forrado con veludo vermello, a cociña é de lume, e o bebé pasea en inglesina.

Como proba, o traballo de Annina Diston, quen sempre tivo claro que o que buscaba nas casas de bonecas era o mesmo que na súa vivenda, deseño punteiro. Ela é, de feito, deseñadora, e iso se transluce en cada unha das súas casas de bonecas, así como nas fotos, que son, por si mesmas, unha auténtica delicia.


A súa relación coas miniaturas naceu cando tiña seis anos e os seus pais regaláronlle unha casa de bonecas. Pero o seu interese era o mesmo de calquera outra nena da súa idade. O que realmente funcionou como detonante do hobby adulto foi un libro “The Nutshell Studies Of Unexplained Deaths” , onde se reproducían en miniaturas as escenas de crimes sen resolver. (Quero este libro xa!). “Eu adorei esas fotos macabras, e como as miniaturas coidaban o mais mínimo detalle. Iso inspiroume para empezar a facer miniaturas de novo”, explica Annina.

Na actualidade ten 4 casas de bonecas completamente amobladas, onde concentra a súa paixón pola decoración: “ás veces inspírame unha foto dunha decoración de interiores, outras simplemente unha cor, ou o desexo de facer unha versión en pequeno de algo”. A súa primeira casa foi unha casa de bonecas vitoriana stándard, cuxa maqueta modificou para convertela nunha vivenda moderna, que seguía as mesmas directrices que a decoración da súa casa real. Mobles de Ikea (a estantería Expedit na foto de debaixo), unha cunca de café sobre a mesa… detalles que, vendo as fotos, namoran.


As casas de bonecas modernas son aínda unha rara avis, sobre todo se as comparamos cos cartos e a información que moven as casas tradicionais. Déixovos o link ás fotos de Annina no Flickr, que seguro que fan que vós, coma min, vos decantedes polas primeiras.

Fotos | *annina*

Shares

    2 comentarios

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *