The Unemployed Philosophers Guild: poñede un boneco filósofo na vosa vida

Este monicreque permitirache falar co mesmo Tolstoi

Un novo produto apareceu nas tendas dos museos: fóra os imáns con cadros de Van Gogh, esquezamos as sosas postais con salas do museo e desterremos por sempre os libros-guías de ‘isto é o que deu de si o museo municipal de arte sacra’. Todo fóra! Porque a última incorporación ás tendas dos museos (que hai quen é tan fan que soña co final da visita para deixarse caer alí) son os bonecos e os monicreques famosos.

Detrás desta gran incorporación, que che permitirá resolver misterios coa compañía real do gran Sherlock Holmes, atópase unha empresa estadounidense, The Unemployed Philosophers Guild. Eles converteron aos ídolos intocables da cultura en xoguetes, sendo os escritores, os pintores (os máis habituais polo volume de museos pictóricos existentes) e os filósofos pequenos monicreques que mover co dedo ou adorables bonecos.

No seu catálogo están todos. Unha Emily Dickinson vestida de branco que por fin sae da casa, unha Jane Austen cun vestiario tan rosa palo como suxiren as súas engañosamente ñoñas novelas (que non son nin ñoñas nin tan sinxelas como parece amigos!) ou un Friedrich Nietzsche tan peludo como imaxinabamos.

Resolvendo misterios co boneco de Sherlock Holmes

Ademais de poder compralos de forma individual, tamén hai grupos para facer, un encontro literario con Shakespeare, Virginia Woolf, Dickens e Tolstoi. Os monicreques teñen imán, o que permite pegalos na neveira cando se acabe de xogar con eles.

Os monicreques imantados e os bonecos non son as únicas aportacións divertidas e culturetas de The Unemployed Philosophers Guild, que tamén conta cunha liña de produtos destinada ao estupendo Sigmund Freud. Entre eles, unhas pastillas para despois das sesións co psicoanalista e unhas divertidísimas zapatillas que permiten botarlle a lingua a todas as terapias non freudianas.

*Á venta nas mellores tendas dos museos de todo o mundo ou na súa web oficial

Shares

4 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *