Street Art: Cine Avenida de Santiago de Compostela

El Camino

Autor: Sam3

Lugar: Cruce de Romero Donallo con Rosalía de Castro, Santiago de Compostela

 

O Cine Avenida era un dos vellos cinemas compostelanos. Estaba ao fondo dunha especie de patio e para entrar había que pasar por un pasadizo do edificio que estaba situado xustamente diante. O cine pechou xa hai uns anos e o edificio dianteiro caeu víctima da piqueta e dos cambios na avenida de Romero Donallo (máis carrís, un túnel… esas cousas do mundo moderno). A parede do edificio do lado quedou á vista, coa columna vertebral do anterior edificio ao aire.

Sam3, un peculiar artista da rúa que está a encher as cidades de medio mundo coa súa obra, foi o encargado de darlle vida, segundo descubrín vái o seguinte blog de street art en Galicia e como confirmei no propio blog de Sam3. Esta non é a única obra de Sam3 que pode ser vista en Compostela.

 

 

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *