La Petenera, ou onde atopar o agasallo perfecto na Coruña

Tes un aniversario ou algunha desas celebracións que obrigan a levar un regalo pero non sabes que mercar? Se estás na Coruña, La Petenera pode ser unha das túas salvacións. Situada na moi céntrica Rego de Auga, La Petenera é unha das tendas multiprodutos, que teñen unha chea de cousas bonitas e xeniais que non sabes moi ben para que che van a servir pero que sempre acabas querendo.

Tamén teñen algunha cousa que non acaba de parecernos totalmente cool, non vos imos enganar. A raíña Isabel que saúda non acaba de convencernos como icona posmoderna e o produto máis vendido do local (a cunca na que un home é obrigado a saír do armario cando lle botas dentro líquido quente) non acabamos de velo como produto rompedor e se cadra si como un pouco chiste casposillo.

Pero salvando esas excepcións, hai unha lista bastante interesante de cousas divertidas para regalo. Por exemplo, a teteira terrorista é algo que – persoalmente – xa quero. Non tomo té, pero que importa! Non sei se da medo ou se é misteriosamente encantadora, pero é a mellor teteira que vin.

La Petenera é tamén o destino para atopar algunhas das marcas como The Unemployed Philosophers Guild, que xa sabedes que nos entusiasma. Non teñen os bonecos filósofos, pintores e escritores (cando, cando, alguén se dará conta de que o que preciso no meu camiño para a felicidade é un destes bonecos e mo regalará? cando?) pero si outra liña entusiasmante.

Recortabades mariquitas cando erades pequenos? Eu facíao, aínda que non sabía que facer despois de recortadas con elas. A solución ante esta dúbida esta nestas mariquitas magnéticas que che permiten cambiarlle o look a Freud, a Einstein ou a Sarah Palin. Unha vez que xogas con elas, sempre podes usalas para gardar avisos no frigorífico.

La Petenera está en Rego de Auga, 50 e non a teríamos atopado sen os nosos amigos de Rey Sombra

Fotos | Disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *