Parece que todos sufrimos a sobrecarga de información ou o exceso de datos. O bo é que pode que exista una solución fácil para todo isto, simplemente usando máis os ollos.
David McCandless é un apaixonado da visualización da información: feitos, datos, ideas, temas, estatísticas… que entran polos ollos e ofrecen unha nova interpretación do mundo. O seu libro ‘La información es bella’ é unha mostra deste afán por atopar historias ocultas a través dun novo xeito de facer xornalismo, visualizando a información para poder ver os patróns e conexións importantes, e despois deseñando esa información para que teña un senso, explique unha historia ou permita centrarnos unicamente no relevante.
Nesta publicación atoparás información de todo tipo, representada dunha forma visual e fermosa.
Desde os gastos da economía de EEUU,
á representanción de esquerda e dereita neste país,
os significados das cores nas distintas culturas,
ou incluso a composición dos cócteles máis famosos.
McCandless sostén que “todos os días estamos tocados polo deseño da información, tense diseminado ante os nosos ollos a través de internet, e todos somos agora visualizadores, todos esiximos un rasgo visual á información”.
Para este escritor e deseñador os datos ben representados poden modificar os puntos de vista e a forma de pensar, e considera que a información “é a nova terra, un medio fértil e creativo”. “Para min o deseño dedícase a solucionar problemas e ofrecer solucións elegantes. O deseño da información trata de resolver problemas de información, e parece que temos un montón de problemas de información actualmente, desde a sobrecarga e saturación ata a ruptura da confianza e a fiabilidade, así como o escepticismo galopante e a falta de transparencia”, afirma McCandless, para quen, fronte a isto, a visualización da información ofrece “solucións moi rápidas”.
A información é, ademais, fermosa, como poderás comprobar nas máis de 200 páxinas de ‘La información es bella’, un libro que tamén apreciarán os amantes das curiosidades.
Se queres saber máis, Disquecool recoméndache esta entrevista en TED de David McCandless.
Xenial traballo de deseño e organización. Iso si que é Desing Thinking!