Se pensabas que Moleskine só facía cadernos para apuntar as ideas xeniais que che van facer rico (ou gloriosamente coñecido no mundo das letras, o que prefiras), errabas. Moleskine agora tamén ten unha línea de viaxe, que máis que complementos son unha sorte de prolongación natural do espírito e do diseño dos seus cadernos.
En total, Moleskine lanzou cinco productos desta nova liña, deseñados por Giulio Iacchetti. Hai unha bandolera, un bolso, unha mochila e un bolso con asas. E, claro está, un bolso especial para reporteiros. Poden ser empregados ademais para levar un portátil de 13, 15 e 17 pulgadas.
O mellor destes productos é que repican por completo o que fai orixinais ás libretas. Dentro levan ata unha etiqueta para poder copiar o de ‘no caso de perda devólvase a’ que tan famosas fixeron os cadernos. Por fóra son negras e teñen os bordes redondeados, coma a súa inspiración.
Moleskine é ademais unha empresa cool así que a campaña de promoción da súa nova liña de producto recae nun vídeo en stop motion, que como eles mesmos din é unha técnica de animación que está moi de moda.
A nova colección pódese comprar físicamente en Valencia e Barcelona, pero electrónicamente está ao alcance de todos na tenda online da firma.
Fotos |Moleskine