Que significa ter 30 anos?

Dun tempo a esta parte está de moda percorrer o mundo á procura de respostas (vitais) e facer un proxecto (fotográfico, en vídeo, escrito…) sobre o tema. Así, hai quen indaga sobre que é a felicidade, sobre que é do que máis nos arrepentimos ou sobre os diferentes desexos dos nenos nos distintos puntos do mundo. A primeira vista, o tema dos 30 anos pode parecer algo banal, pero iso é porque non acabas de cumprilos e estás en plena crise, como o fotógrafo Stephane Domingues, quen hai dous anos decidiu viaxar e comprobar in situ como vivían os seus 30 anos 30 trintaneiros diferentes.

Aínda que segundo el, de crise nada. Cumprir 30 é, simplemente, algo moi especial: “Creo que a dos 30 é a década na que nos reafirmamos. Un se convirte no que quere ser -tras pasar os 20 tratando de aprender quen é (gustos, intereses, valores) e construíndo a vida (estudos e primeiros traballos)”.

O resultado é ‘Being 30 years old’, unha exploración do que significa, precisamente, ter 30 anos, en diferentes lugares do mundo e con diferentes situación vitais. Ao fin e ao cabo, el xa sabía como era ter 30 anos en París e quería coñecer como se vive esa idade en Sao Paulo, Budapest, Los Angeles o Malawi. Para iso, decidiu pasar 24 horas con cada un dos 30 trintaneiros, realizando unha reportaxe do seu día a día, e sobre todo, facéndolles preguntas sobre como se senten eles respecto a súa idade. Polo momento podemos velos a todos na web do proxecto, pero pronto esperan contar tamén cun libro e unha exposición. E como non hai nada máis fascinante que a xente, ‘Being 30 years old’ resulta inevitablemente fascinante.

¡Arriba podedes ir coñecendo a algúns deles!

Shares

    Etiquetas

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *