Adeus, selfies: de como o boom podería estar a morrer

selfiestickSería inxusto dicir que son os selfies quen teñen a culpa de todo e moito máis seguir finxindo que foron inventados polos millennials. Os seres humanos levan facéndose autorretratos fotográficos desde que foi posible coller a cámara e apuntala cara un mesmo. Eran as autofotos, lembras? Todos as temos, feitas coas nosas cámaras de carrete, sen saber saïamos todos na imaxe ou non, coas caras queimadas polo flash e sen filtro que o fose arranxar. Os selfies son vellos e posiblemente inmortais. Pero o seu boom podería estar a piques de rematar.

“Odio os selfies”. Con esas palabras tan duras marcaba o príncipe Harry esta semana a fin dunha era, como bo rebelde da Casa Real británica que é. E non é que non quixese facerse unha foto coa fan australiana que lla pediu, non. Só quería unha foto normal. Que sentido ten o selfie cando hai centos de persoas ao teu redor para poder coller o teu smartphone, encadrar ben a imaxe, e facer algo do que non te vaias a avergoñar nun par de anos?

selfie

Dirixindo a conversa cara o mundo hipster, o argumento é claro. A palabra selfie foi palabra do ano da revista TIME en 2012, polo que igual imos un pouco atrasados (e non tanto como para que sexa vintage). Ademais, poucas cousas hai máis mainstream ca estas autofotos, especialmente no momento no que decidimos que deben saír do smartphone e ser compartidas co mundo. Porque, para que facerse un selfie se non é para amosarllo a todo o mundo en redes sociais?

selfie-stick-ridiculous-looking-funny-ecard-XUhOutro dos sinais que amosan que a era selfie está a piques de rematar é o feito de que teñamos chegado a extremos ridículos que cada vez custa máis adoptar. Falamos, claro, dos paos para selfies, o accesorio estrela de 2015 que pretende darlle a eses autorretratos máis distancia e calidade. O seguinte paso, todos o sabemos, é pedirlle a alguén que nos tire unha foto. Lembrade o do JOMO e a volta ao mundo real. Falar con descoñecidos que pasan pola rúa é o que se levará en 2016, adiantádevos!

Por suposto, sempre está a posibilidade de que a morte dos selfies sexa unha estratexia ideada pola raíña de Inglaterra (aínda falta a reacción da súa xenial conta paródica en Twitter, @Queen_UK). Colleu ao neto, aproveitando a súa fama de rebelde para que ninguén sospeite, preguntoulle que era a teima esta que ten todo o mundo últimamente cos selfies. Harry explicou. Elizabeth decidiu salvarnos a todos.

Os selfies non morrerán. Terían que ser prohibidos para que iso acontecese, e aínda así sobrevivirían na clandestinidade. O que quizais empece a remitir sexa a obsesión. A dos nosos amigos, a nosa propia. Lembrades a época do Fotolog? Chamábamos publicar unha foto de nós mesmos egolog. Pero non tiñamos por que tela feito nós e, se era así, moitas veces utilizabamos o temporizador da cámara (e corríamos diante do obxectivo e adoptabamos unha pose “natural”, facendo crer que a foto era un roubado). O Fotolog pasou e os selfies tamén pasarán. Darlle a volta á cámara e apuntar cara fóra. Todo un mundo por descubrir e fotografar!

Foto de portada: Garry Knight

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará