Cidades galegas a vista de PacMan: sabes cal é cal?

Hoxe é o April Fools’ Day, que é cando os anglosaxóns fan as súas bromas. Si, o día dos Inocentes pero traducido ao inglés. O malo para os xornalistas é que as noticias fakes agardan en cada esquina (e vivimos nun sen vivir de comprobar o que estamos vendo: ninguén quere ser o miñaxoia a quen lle fan crer unha mentira). O bo é que podes inverter moito tempo en procrastinar con todas as cousas que fan as empresas tech. Google fixo unha versión de Google Maps que é un xogo de Pac Man (amor absoluto) e nos queremos que non só procrastinedes xogando senón tamén véndoo. Poderiades dicir a primeira vista que cidades galegas son as que estades vendo en imaxes pacmanianas? (si, o pasatempo ten respostas ao final de todo)

1.

santiago

2.

coruña

3.

ferrol

4. lugo

5.

vilagarcía

6.

ribadeo

7.

mondoñedo

8.

ourense

9.

vigo

10.

verin

11.

pontevedra

12.

betanzos

13.

carballo

As respostas:

1. Santiago (é o Obradoiro). 2. Coruña (Torre de Hércules) 3. Ferrol (Rúa da Magdalena) 4. Lugo (buscamos Muralla) 5. Vilagarcía (dende o concello: quixemos buscar a praia Compostela, pero Maps dicía que non había suficientes estradas para PacMan) 6. Ribadeo (Torre dos Moreno) 7. Mondoñedo (Catedral) 8. Ourense (Burga de Abaixo) 9. Vigo (Sireno, ou como Google prefere Praza de Porta do Sol) 10. Verín (concello) 11. Pontevedra (Praza da Leña) 12. Betanzos 13. Carballo

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *