Street art que perverte ás personaxes Disney

As personaxes Disney (e as personaxes para nenos en xeral) son todo un exemplo de inxenuidade, de bondade, de amabilidade, pero tan maniqueas, que ás veces fartan. E mesmo para elas, ten que ser agoirador. Se ti foses Cincenta non che gustaría facer algo máis que agardar que o príncipe veña a colocarche o teu zapato? Se foses Hello Kitty non desexarías que a túa personalidade consistise en algo máis que en adorar os pasteis de mazá?

Non digo que sexa necesario coller unha escopeta, pero con isto de tratar aos nenos como parvos, acabamos creando para eles personaxes aburridas, tópicas, predicibles. Personaxes ás que apetece perverter.

Iso é o que fai Herr Nilsson, nome artístico dun grafittero sueco. Nas rúas de Estocolmo creou a súa serie máis paradigmática: ‘Dark princesses’ na que as princesas Disney, por primeira vez na súa vida, empuñaban un arma. “Todo o mundo espera que unha princesa Disney estea sempre guapa e se comporte ben”, explica Nilsson, “Se eu fose elas comezaría a rebelarme nun par de días, e no meu mundo, iso é o que fan“.

Non só as princesas Disney, senon moitos outros caracteres infantís famosos, como poden ser Winnie The Pooh ou Mickey Mouse. E é que, debido aos seus fillos, Nilsson pasa o día rodeado de bonecos e debuxos animados, e aí atopa a súa inspiración. Despois, reflicte ás súas ocorrencias na rúa porque quere que o seu arte interaccione co mundo real, coa xente.

As súas parodias Disney, polo momento, están a chamar moito a atención, e non só dos viandantes. Aquí che deixamos algunhas delas.

Vía | Mail online

Shares

    1 comentario

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará