La Central, unha libraría-cadea que é cool

133590_229477927179680_1187766019_oNesta redacción hai unha única máxima (imposta pola maioría sobre unha minoría silenciada): as cadeas nunca son cool (e menos cando se fala de venta de libros). Sen embargo, algunhas cadeas si merecen unha pequena revolta. Algunhas son, pese a quen lle pese, cool. É o que sucede con La Central, a cadea de librarías catalá, que chegou a Madrid hai uns meses cun exemplo de como un establecemento dunha compañía grande pode ser diferente e pode ter a súa propia personalidade. Por que La Central de Callao é un sitio definitivamente cool? Varias son as razóns.

240398_229477800513026_1365332124_oA primeira de todas é o espazo. La Central de Callao está nun antigo pazo, situado no centro mesmo de Madrid. En total son unha chea de metros cadrados, adicados aos libros, ás cousas culturetas e ás cousas bonitas que gusta ter porque si, como cadernos ou pequenos robots aos que darlles corda. E todo está nun envase que tamén é moi atractivo. Os antigos cuartos da casa-pazo manteñen en certo grao a presenza. Así, por exemplo, pódese seguir o rastro da antiga capela, que agora é a libraría infantil de La Central. As escaleiras señoriais son as que dan acceso aos diferentes andares do establecemento e as pesadas portas da entrada principal seguen alí. O antigo patrio de carruaxes é o patio que serve para dar luz á libraría. Na planta baixa, un bistró permite comer, almorzar, merendar e cear rodeados de libros (e coas portas vellas como decoración nas paredes!). No soto, o garito serve de bar de copas e, cando non, a zona é empregada para presentacións de libros e actos culturais.

Pero as librarías non son só o seu envoltorio, son sobre todo os seus contidos. E aí é onde La Central de Callao merece matrícula. Poucas son as concesións aos best-sellers que outorgan. Teñen nunha das mesas da entrada da primeira planta algúns libros populares, dos que ocupan as novidades de La Casa del Libro ou da Fnac, pero a La Central non se vai para iso. A La Central vaise para mercar libros bos. (Ou libros que teñen a seria determinación de selo).

Así, podes atopar nas mesas edicións xeitosas de clásicos, libros deses autores postmodernos que debes ler ou traducións de escritores de linguas minoritarias que editan pequenas editoriais de nomes modernos. E nunha cidade como Madrid na que as grandes librarías só venden versión orixinal en inglés e en francés (aínda que non tanto), La Central oferta un abanico moito máis amplo no que tamén teñen cabida dende o catalán ou o galego (aínda que cunha versión reducida e bastante simplista, con Rosalía e pouco máis, así que mellor optar por outras alternativas) ata outras linguas europeas como o italiano (cunha variedade bastante grande de títulos) ou o portugués. Pero non só a literatura orixinal ten o seu espazo, tamén contan con boas ubicacións temas habitualmente tan maltratados como a poesía ou a filosofía. Tamén hai unha chea de ensaio e unha boa sección de libros de cociña, xusto ao lado do bistró e do futbolín.

La Central de Callao

E, ademais de libros, La Central ofrece unha chea de cousas bonitas, esas novas incorporacións aos catálogos das librarías (que agora descubriron que non só chega con vender libros) como postais, gomas de borrar con forma de bigote, packs de regalo e unha morea de cousas para nenos que por desgraza non existían como agasallo cando nós eramos pequenos (si, ser neno agora debe molar unha chea).

La Central está na rúa Postigo de San Martín 8, Madrid. 

Non é a única libraría cool da que temos falado. Podes buscar máis librarías especiais na seguinte etiqueta

Fotos | La Central 

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *