Disquecool invita: Cooper na festa de aniversario de Retroalimentación, en A Coruña

Queremos facer as cousas ben. Xa todos lestes a extensa entrevista a Javier Becerra, autor do blog de música Retroalimentación, que publicamos a primeira hora. Lestes que o blog está de aniversario e que para celebrar eses cinco anos o vindeiro 13 de abril haberá un concerto moi especial en A Coruña: será Cooper, na Sala Le Club. Queres ir (claro que queres ir!), quizais ata xa teñas a entrada. Pero unha entrada extra nunca vén mal. Para iso estamos nós.

Unha vez máis, Disquecool invítavos a un concerto (dicimos sempre isto, pero en realidade quen invita son os organizadores, neste caso dádelle as grazas a Javier Becerra) e unha vez máis tedes que gañarvos a participación no sorteo das 2 entradas individuais contestando a unha pregunta. Pero antes, supoñendo que non coñezades a Cooper, aquí tedes unha mostra do que poderedes ver.

E a pregunta. Imaxinade que tedes o voso propio Retroalimentación, que sodes autores e artífices dun blog musical de referencia mundial (coa imaxinación xa non temos límites). O blog celebra o seu quinto aniversario e organizades un concerto para celebralo: quen tocaría? (Como estamos a movernos no plano dos mundos ideais e paralelos vale calquera artista, vivo ou morto. O ideal non ten por que ser posible). Tedes ata este domingo día 7 ás 23:59 para participar deixando un comentario nesta entrada. O luns enviaremos un mail aos gañadores, se non contestan antes do martes 9 ás 23:59, repetiremos o sorteo. Sorte!

Shares

11 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *