Un xogo para atopar as 20 cousas que pasaron no ano en internet

Un xogo para frikis techie ou un clásico atopa o oculto levado aos tempos de internet? Un deseñador francés acaba de lanzar, un ano máis, o xogo 20 things: unha ilustración recupera 20 cousas importantes que pasaron durante 2012 na rede para que os internautas podan atopalas ocultas entre os debuxos. Claro que non vai ser sinxelo, porque a ilustración é, por así dicilo, conceptual. Por exemplo, no centro hai tres cupcakes que corren felices polo medio dun bosque. Que feito noticioso pode ser ese?

20things

Participar non só terá a recompensa moral de ser quen consegue acertar todos os misterios da rede que se agochan na ilustración. Entre aqueles que falen en Twitter do que van atopando empregando o hashtag adecuado (#20things), Syzygy (a axencia de marketing interactivo que está detrás da iniciativa) sorteará unhas cantas ilustracións en papel (é a única maneira de conseguilo porque non se venden).  Este é o terceiro ano que lanzan esta especie de procura do tesouro na rede.

Durante estes días irán publicando algunha indicación de onde poden estar agochadas as noticias na web específica do concurso e en Twitter. O que si se sabe xa é que agochados neste complexo debuxo están dende grandes acordos comerciais das empresas da rede ata os memes máis populares do ano. Alguén ve xa algo?

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *