Unha máquina expendedora vintage que reparte libros

As máquinas expendedoras de libros que hai nalgúns lugares son cousas feas, moi próximas a unha máquina de sándwichs, que dan libros nada atractivos e que funcionan como as expendedoras de calquera cousa. Metes os cartos, escolles o produto exacto que queres (o A1, por exemplo) e cae para que podas collelo. Nada o suficientemente emocionante como debería ser no mundo das letras. Ata agora. A Biblio-Mat é unha máquina de aspecto vintage que funciona con certa maxia na venda de libros.

A Biblio-Mat é un proxecto de Craig Small para unha libraría de vello de Toronto ao parecer moi emblemática, a The Monkey’s Paw (que si, efectivamente, tamén ten unha web de vello). Calquera pode meter dous dólares na súa apertura para cartos e, cando isto sucede, activase un moi simple mecanismo que lle bota ao usuario un libro. A diferencia do que pasa sempre coas máquinas expendedoras, aquí non hai que seleccionar comandos e o libro sae ao chou. Cando o libro está a piques de ser servido, un antigo timbre de teléfono anuncia a súa chegada.

A libraría buscaba sorprender aos seus compradores, segundo explican a FastCompany, e o contido da máquina é tan raro como ela mesma. Os títulos son pouco coñecidos, todos máis vellos de 25 anos (algúns teñen ata 100!) e todos de non ficción. O éxito desta rareza foi inmediato: os interesados fan cola fóra da libraría para poder meter os seus dous dólares na máquina e os percorridos turísticos xa a inclúen nas súas paradas.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *