Lego mola. Iso e así, e non hai máis que dicir sobre o tema. Por iso esta disquerredactora pediulle o ano pasado aos Reis o Taj Mahal versión Lego, por iso hai miles de páxinas adicadas a todo o que se pode construír (aínda que Lego o ignore) con esas pequenas pezas e por iso youtube está poboado de vídeos protagonizados por bonecos amarelos, non moi expresivos, con casas feitas de bloques cadrados.
E que fan os bonecos, os vehículos e as casas de Lego neses pequenos vídeos. Participar en películas clásicas, videoclips, videoxogos, momentos da historia ou simplemente pequenas anécdotas da vida cotiá.
Aquí tes algúns dos mellores vídeos de Lego en stop motion. E si, impresiona moito a dedicación que ten que haber detrás de todo isto.
1. Summer Nights de ‘Grease’
‘Grease’ é un filme con moitos momentos brillantes, pero ver algún deles en versión LEGO enche o noso corazón de ledicia. Vale, nesta versión Sandy non acaba de parecerse, pero os movementos son tal cal os do ‘Grease’ orixinal.
2. ‘Matrix’
Outro filme mítico -aínda que moito menos bo que ‘Grease’, evidentemente- en versión LEGO. Os movementos de loita futurista quedaron moi resultóns.
3. Salto desde a estratosfera
O salto desde a estratosfera de Felix Baumgartner puido ser moi impresionante, pero o de Lego resulta máis entrañable.
4. Supermario
Imaxinas un videoxogo de Lego? O de Mario Bros quedaría tal que así.
5. Thriller
E os videoclips tamén teñen o seu momento. Michael Jackson probablemente ignoraba que habería unha versión do videoclip de ‘Thriller’ que nos gustaría máis aínda que o seu.
Bóas, xa que vos gustan este tipo de cousas, vouvos compartir un video privado. O meu sobriño de 6 anos descubriu por si mesmo que as películas están feitas por unha sucesión de fotos… e fixo o seu propio stop motion…
con lego.
Non está a nivel destes que tedes enriba, pero para un rapaz de 6 anos vai de sobra:
https://picasaweb.google.com/108155723261226640847/StopMotionByRaphael?authkey=Gv1sRgCPLo1qSA6YXt7gE#5810048790444467538
(Se cadra o enlace non funciona, porque estou compartindovos un video privado, se non vai, mala sorte)
Somos moi fans! O teu sobriño é un xenio!