A miña escasa paciencia nunca soportaría unha rodaxe baseada na técnica stop motion, consistente en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Por iso admiro tanto á xente que é quen de ir, pasiño a pasiño, creando vida a partir de elementos en principio inmóbiles. A stop motion ten moita maxia e lémbrame aqueles “aparatos de facer cine” que tiña o meu veciño, unha especie de rodas con fotogramas, que ao xirar convertíanse en imaxes en movemento.
Os meus vídeos favoritos, aqueles que se valen de fotografías ou papeis que viaxan por chans e paredes para contarnos historias.
1. Un lobo e un porquiño.
Xa hai tempo que este vídeo stop motion nos conquistou. Unha historia entre un lobo non tan feroz e un porquiño que resulta ser moi valente.
2. Post-it Stop Motion
Eses Post-it que nos lembran cousas nos nosos estudos ou postos de traballo son o punto de partida para este vídeo que Bang-yao Liu fixo como proxecto final de carreira.
3. Her Morning Elegance / Oren Lavie
Non vos lembra algo? Este fermoso vídeo contén nada máis e nada menos que 2.096 frames e inspirou unha serie de anuncios de Loterías do Estado.
4. The PEN story
Unha viaxe a través do tempo, seguindo a vida dun neno que explora o mundo e crece foto a foto.
5. Clean it Up
Graffitis que cobran vida para limpar e facer as cousas máis bonitas.
BONUS. Chocolate Brown.
Unha creación de Alfalfa Studio para Kate Spade dentro da campaña Year of Color.
Aquí tedes outro, moi currado tamén e feito na terra:
http://www.youtube.com/watch?v=acDykO4XobQ
Graciñas polo apunte, está moi ben!