Os libros de Disquecool: algunhas recomendacións para o Día do Libro

Hai unha pregunta terrible, moi terrible, que alguén che fai algunha vez na vida. E o teu libro favorito cal é? Como se na lista inmensa de libros que algunha vez che fixeron moi feliz puideses escoller un título ou un nome. Como se todos os lectores non pasasen algunha vez por unha etapa de paixón por algún autor concreto, que lles leva a devorar sen descanso todo o que atopan por ese escritor asinado.  Pero hoxe é o día do Libro, unha data na que morreron unha chea de escritores e na que festexamos á literatura, así que obrigamos a padecer a algúns dos membros do equipo que conforma Disquecool á terrible tortura de facer unha recomendación literaria. Estes son os nosos libros máis amados ou máis destacados.

Lucía, quen dubida se incluír nesta lista de lectura a ‘Ana das Tellas Verdes‘ (outra disquerredactora apoia a mención e vota por incluír esa historia, asinada por Lucy Maud Montgomery e que ten condición de elemento altamente turístico na Illa do Príncipe Eduardo, en Canadá, na selección), escolle dous libros moi diferentes. Por unha parte, quédase con ‘Matilda’, de Roald Dahl, xa que cando era pequena este libro conseguía abstraela por completo do que estaba a pasar ao seu redor e, por suposto, confesa, sempre quixo ser como ela “e mover as cousas coa mirada”. Ademais de con ‘Matilda’, tamén se queda con ‘Rayuela’, de Julio Cortázar, un libro que chegou a “obsesionala” durante a época universitaria. Lucía confesa que ten o seu exemplar cheo de suliñados, para lembrar sempre as partes que máis lle impresionaron.

Pola súa banda, Raquel escolle dous libros do século XIX, que é unha das súas épocas literarias favoritas. Quédase con ‘Memorias de un solterón’, un libro case descoñecido de Emilia Pardo Bazán, que estivo moito tempo descatalogado (pero que agora xa se pode conseguir cun só clic como ebook) e que é un achegamento moi divertido e irónico á ‘cuestión feminina’ a finais na Restauración. “Noutro país xa o terían adaptado á televisión”, asegura. E tamén escolle ‘Au bonheur des dames’, de Émile Zola (o mestre espiritual da Pardo Bazán), quen retrata neste libro o fin do pequeno comercio e o boom dos grandes almacéns. Curiosamente, aínda se poden aprender moitas cousas coa súa lectura.

A lista de libros raros a recuperar segue coa selección de Andrés, que escolle como libro que o fai feliz ‘El libro del convaleciente’ de Enrique Jardiel Poncela, que defende é a mellor colección de humor absurdo que nunca leu, perfecta para calquera convalecencia.

As dúas disquerredactoras restantes, Ana e Cris, comparten ‘Ada ou o ardor’, de Vladímir Nabokov como un dos seus libros de cabeceira. “É unha historia apaixonante, cunha sensibilidade moi especial”, asegura Cris, mentres que Ana, fan de Nabokov en xeral, explica que todos os libros deste autor son “extremadamente fermosos pola súa forma de utilizar a linguaxe, polas súas historias, e pola presencia constante de bolboretas e outros instectos”. Cris tamén recomenda ‘2066’ por ser o libro que a reconciliou coa literatura actual. En canto a Ana, que quere recomendar a Roald Dahl pero teme que pareza que non ten personalidade, lembra tamén con especial cariño ‘Liberdade para os osos’, de John Irving.

Foto |  Maguis & David

Shares

3 comentarios

  • vane di:

    Pues yo me acuerdo que en el antiguo 8º de EGB nos mandaban a leer obligatoriamente 1 libro por trimestre con su correpondiente trabajo, pues yo sin decirlo claro, que verguenza de aquella, devoraba los que podía… de “Alfaguara” y “Barco de Vapor”. Pero sin dudar un libro que marcó una etapa para mí fue la “Vieja Sirena” de José Luis Sampedro. Evidentemente no es para iniciados.. 670 páginas… sí es verdad un poco denso y su temática especial, a mí me cautivó. Es para leerlo en un momento de tu vida tranquilo.. esperando respuestas. Para mí es como un canto a la vida

  • Fusquenllo di:

    Sen dúbida, o meu libro favorito é Industrias y andanzas de Alfanhuí, un libro que me emprestou un profesor sustituto case por despiste, e que me deixou apampado coas descripcións e a fotografía que che presenta en parágrafos…
    En galego, Suso de Toro e Agustín Fernández Paz sonche imbatibles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *