Gafas de Godard vs gafas de Woody Allen, unha copa de Bordeaux vs un cóctel Cosmopolitan, un bobo vs un hipster. Son algunhas das comparacións visuais que o ilustrador e deseñador gráfico Vahram Muratyan crea valéndose dos estereotipos de dúas das cidades máis icónicas do mundo: París e Nova York. O proxecto chámase ‘Paris vs New York’ e viu a luz en forma de blog, para despois dar o salto ao papel nun fermosos libro de tapas duras.
Nado en París, Vahram Muratyan é o fundador do estudo de deseño ViiZ. Sempre estivo algo obsesionado con Nova York, así que decidiu cruzar o charco. Pero xa sabemos que a vida é caprichosa, e unha vez alí comezou a botar de menos a cidade do amor, o Louvre, a torre Eiffel, e todas esas iconas e estereotipos que precisamente plasma nos seus traballos. ‘Paris vs. New York’ é unha confrontación a nivel gráfico e conceptual entre as dúas grandes urbes sen posicionarse a favor ou en contra. Un duelo moi sintético e cheo de humor, ideal para a xeración Pinterest.
* Máis información no blog do proxecto
1 comentario