Son moitos os que din que no fondo só son piratas porque non lles ofrecen unha alternativa que teña contentas ás diferentes voces da industria do cine. Engadamos tamén que, no caso das series, é moito máis rápido confiar en SeriesYonkis ou no inefable Danko para ter o ultimísimo capítulo da serie de moda antes de agardar por unha opción legal para acceder a el. Aínda que se pagan Spotify, engaden, por que non ían facer o mesmo para acceder a películas e series?
Outros están xa moi fartos dos anuncios invasivos de páxinas como SeriesYonkis, coa súa publicidade molesta e sonora. E ademais, ver unha película vía os Yonkis pode ser unha penitencia: ou está tan mal gravada que parece que lle aplicaron filtros verdes ou tes que andar intentando enganar a Megavideo para que cha deixe ver enteira.
Pódese obviar a estes portais e optar polos que son completamente legais? Nós testamos a opción que faría que a ministra Sinde estivera moi orgullosa de ti… e isto é o que temos que dicir.
Suspenso: Filmotech. A primeira vez que oín falar de Filmotech foi nun Ficod, no que no paquetiño de benvida que reciben todos os asistentes (un lector de DNI electrónico e moita papelada) viña un código para poder ver unha película gratis neste portal, entón de nova creación. Gratis! Cando cheguei a casa e vin o que podía ver, decidín que o cupón durmiría o sono dos xustos.
Filmotech é o portal soñado por todos os fans de Pajares, Esteso e similares. Películas desas ten a cachón. Está financiadísimo polo Estado (buscade os inmensos logos do Ministerio de Cultura e do de Industria e sufride ao ver o que fixeron con todos ese apoio) e parece non entender moi ben a lóxica do mercado. Non teñen grandes estreas (este fin de semana pasado un dos grandes destacados era ‘Espías en la sombra’, unha película do 2008 – que cobraban como gran estrea cando na competencia xa estaba entre as de baratillo – e entre as novidades estaba ‘La tía de Carlos’, unha película de Paco Martínez Soria) e non sempre, por non dicir que moi poucas veces, se pode ver a película na súa versión orixinal.
Como punto positivo, pódense empregar moitas e diversas formas de pago. E non é preciso estar en España para acceder ao seu arquivo: algunhas das películas están dispoñibles para outros países de Europa.
Aprobado: Wuaki.tv. Está moi pensado para as novas formas de ver a tele (televisión conectada, dispositivos que permiten servizos de videoclub online…), polo que permite ver na TV as películas alugadas. Non hai nin un só logo de apoio gobernamental, así que podemos confiar en que o que queren é facer negocio e van a apostar por unha estratexia comercial.
Wuaki.tv ten un bastante amplo fondo de películas comerciais. Hai moitas estreas de non hai moito no cine (‘Sin compromiso’, por exemplo, estaba nas salas no mes de marzo) e para todo tipo de públicos: Dende as familias con nenos (hai unha morea de filmes da Disney, aínda que algúns sexan para compra e non para aluguer) ata tardes de pizza e miseria coas amigas pasando polas fans da saga Crepúsculo. Tamén teñen series: das comerciais e/ou coñecidas. Mad Men ou The Big Bang Theory son algúns dos títulos para aluguer.
O malo desta aposta son os prezos. Teñen algunhas películas gratis, aínda que aí prima a borralla que ninguén quere. Tampouco hai tarifa plana. As películas máis baratas saen a 1,99 euros (disque hainas a 0,99 pero eu non as vin) e as estreas a 3,99. En moitas non hai tráilers, só fragmentos dalgunha escena para que podas ver de que van; non teñen wishlist (co útil que é) e sobre todo non se pode pagar con PayPal. Unicamente podes engadir a túa tarxeta de crédito ao teu perfil. E aínda que se poden ver todas as películas en versión orixinal, non está subtitulada. Probade a ver unha película ambientada no século XVI en inglés…
Sobresaliente: Filmin. De todas as apostas para ver cine de xeito completamente legal, Filmin é a miña favorita. Para empezar ten detrás a xente do cine, algo que parece case incrible neste país. (Xa sabedes, moito queixarse pero poucas alternativas para solucionar os problemas…) Cameo e outras produtoras e distribuidoras independentes de España puxeron en marcha o portal.
Das tres analizadas é a que ten o deseño máis atractivo, coa súa útil wishlist e con ferramentas divertidas para atopar o que buscas, como por exemplo a posibilidade de clasificar ás pelis seguindo criterios como ‘para unha tarde de chuvia’ ou ‘comer unha hamburguesa’. Empezan tamén a ter series, aínda que na liña do que ofrece o portal non agardedes atoparvos con House.
Os prezos non son moi caros: 2,99 as películas de estrea, 1,99 as de fondo e 99 céntimos os capítulos das series. E, algo que os seus competidores analizados non ofrecen, teñen unha tarifa plana: 15 euros se a compras mes a mes, 30 se vai de tres en tres meses. Pódese pagar con tarxeta e con PayPal.
O negativo: é o portal para o outro cine, o “off-Hollywood”, así que se o que queredes é perder unha tarde de domingo vendo algún blockbuster non poderedes botar man de Filmin.
Fotos |pasukaru76| Disquecool
@Raquel
> non teñen wishlist (co útil que é)
Wuaki.tv si que tiene wishlist. Se llama “Favoritos” y está integrado con los televisores y reproductores on-line que enlaces con tu cuenta, de manera que puedes compartir tus favoritos entre dispositivos.
Por otro lado, -como bien dices- Wuaki.tv es el único videoclub que tiene novedades y series. Pero además es el único que permite verlas desde un televisor conectado a Internet (o Smart TV como les llaman ahora). Te aseguro que si lo pruebas, la experiencia no tiene nada que ver con ver una peli en un ordenador.
Wuaki.tv está disponible en dispositivos y televisores de las marcas Samsung, LG, Gigaset y, muy pronto, en Panasonic, Philips y alguna sorpresa más que estamos preparando.
Hola Josep! Muchas gracias por tu aclaración. Asumí que favoritos era para lo ya visto y no me lancé a intentar montar allí mi wishlist. Lo tendremos en cuenta! :)