A Loja, a tenda máis cool da Alfama

Esta semana abrirá as súas portas A Loja, a tenda máis decididamente cool de todo o barrio lisboeta da Alfama. A súa responsable é unha parisina, que namorou hai uns anos da capital portuguesa e decidiu quedar en Lisboa e converter algunhas  das súas paixóns nos pilares dun establecemento.

As tendas estilosas sitúanse na zona da Alta, o barrio lisboeta que acumula máis espazos deste estilo, como nos explica a responsable de A Loja, pero a Alfama quedara un pouco descolgada nesta oleada de tendas cool que están a tomar Lisboa.

En A Loja pode atoparse roupa vintage, froito da paixón da súa responsable polas mercadillos e os brocantes (esas citas tan tipicamente europeas nas que a xente se desfai do que xa non quere ou precisa); camisóns feitos de xeito completamente artesanal con sabas antigas como materia prima; louza made in Portugal que foxen dos tópicos da porcelana portuguesa ou galletas de Aveiro en caixas que recordan as casetas antigas nas que se podían cambiar na praia os vestidos.

A tenda é ao final un conxunto de cousas bonitas, escollidas con esmero pola súa dependenta e que foxen dos tópicos e das imaxes preconcibidas sobre Portugal e que foron feitas no país.  A este fondo súmanse algunas importacións chegadas dende París ou dende Brasil, coma un simpático cosmético para atrapar ao amado ou a amada.

Ademais, A Loja tamén reinterpreta cousas clásicas integrándose na vida do barrio. Por exemplo, recupera o crochet pero non como ata agora o coñecíamos de forma habitual. “Hoxe ninguén pon un tapete na tele ou no sofá”. Coxíns con forma de peixe son algunhas das súas novas formas. O crochet ten tamén unha bonita historia porque son as veciñas do barrio as que o ganchillan.

A Loja está no Largo dos Trigueiros, 16B, en Lisboa.

*Engadimos e actualizamos: Coméntanos Gabrielle, a súa propietaria, que A Loja non está exactamente na Alfama, senón na Moureria. Está xusto ao lado. Nós non nos orientamos moi ben nesa zona de ruelas estreitas (fomos un equipo o que se desplazou a Lisboa… Vergoña debería darnos! ), de aí a lixeira equivocación. De todos os xeitos, deixámosvos a súa páxina no Facebook, por se tendes algunha pregunta sobre como chegar

Fotos | Disquecool

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *