E ti, estudas ou traballas?

Non temos moi claro se existe a profesión de forzudo, pero aceptámola!

Houbo unha época, algunhas tempadas atrás, nas que os broches de feltro eran máxima tendencia. Agora foron quedando un pouco máis en segundo plano, en beneficio dos complementos retro de aires Mad Men ou Entreguerras. Aínda así o feltro resiste e mostra algunhas variantes que contan con entusiastas seguidores.

Posiblemente o verías na lapela dalgunha enfermeira, colectivo no que son un boom, como nos contaron en Mimos, unha tenda de complementos compostelá.

Dende aquí reivindicámolos: o broches de bonecos de profesións, inocentes e moi feitiños, non só che evitarán o ‘estudas ou traballas?’ senón que ademais daranlle un lixeiro toque naïf ás moitas veces formal e non moi divertida roupa de traballo. Quen non sentiu que o mundo se lle acababa o terse que vestir co uniforme gris/negro/marrón dos economistas?

Estes de Mimos son feitos de xeito completamente artesanal por unha rapaza chamada Ana. Custan 16 euros e hainos de todas as profesións. Se algunha non existe sempre se pode encargala.

Os broches de profesións tamén son un socorrido recurso para regalo.

Fotos | Disquecool

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *