Galicia, na feira do libro de Madrid

A feira do Libro de Madrid é unha das máis importantes de toda España, un auténtico escaparate para as editoras de todo o país. Na 70 edición, que hoxe arranca no Retiro madrileño, 349 casetas de 292 editoras, 117 librerías, 11 distribuidores e 27 organismos oficiais recibirán aos visitantes (que serán moitos, case seguro). Entre esa avalancha de números estarán varios nomes galegos.

Este ano, quen se acerquen ao Retiro poderanse atopar coa Asociación Galega de Editores, na caseta 86. O día 28 terán a Miguel Anxo Murado asinando ‘Fin de século en Palestina’ (un moi recomendable libro crónica) e a Carlos Vila con ‘As sete mortes’. Tamén estarán do Cumio (caseta 58) e Kalandraka (na 251). Como é xa bastante habitual, ningún dos grandes grupos editoriais galegos se desprazarán á capital.

Nesta edición, o país invitado é Alemaña, que traerá a Madrid algúns dos seus principais reclamos literarios.

*Disquecool estará na feira do libro madrileña e dará conta da participación das editoras galegas e das últimas novidades presentadas

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *