Volve @theashcloud!

Non tivo ningunha gracia: a explosión do Eyjafjallajökull, aquel volcán islandés que se converteu na peor pesadelo dos locutores radiofónicos, deixou en terra a moitos turistas, business people ao borde do colapso polas importantísimas reunións que estaban a perder e a unhas cantas areolineas que viron como as súas contas de resultados íanse ao lixo por culpa dun volcán de nome impronunciable que cuspía cinza, moita cinza.

O único bo daquela explosión era @theashcloud, a conta en Twitter que narraba día tras día e hora tras hora como lle ía a vida á nube volcánica que tantos dores de cabeza estaba a provocar. E… válgame deus! A nube era moi pero que moi riquiña.

Por se alguén aínda non o sabe, o Grimsvoetn, un volcán islandés de nome moito máis amigable, acaba de estoupar e Islandia xa tivo que pechar o seu espazo aéreo. No medio da tensión electoral, a todo o mundo se lle pasou por alto a súa actividade e os efectos que podería ter, que poderían ser bastante importantes. Tanto que @theashcloud retomou xa a súa actividade. De cando en cando mandaba mensaxes aos seus fieis seguidores (coma aquela volta na que nos deu un susto ameazando con voltar ás andadas) pero a súa actividade tivera diminuído dende que non lle deixaban máis que quedar na casa… e ata agora que está libre de irse de viaxe por Europa.

Descríbese no seu perfil de Twitter como orixinaria de Islandia, alta e con un elevado gusto por viaxar por todo o mundo. Ten un humor moi irónico e, se o Grimsvoetn manda ao colapso a Europa nas próximas semanas, lela vai ser moi divertido. Benvida de volta, The Ash Cloud!

Foto | Twitter da Ash Cloud

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *