O festival de Eurovisión, en vivo e en directo!

20.00. Pouco falta para que empece o festival de Eurovisión. Non estamos en Dusseldorf, pero como se así fose. Iremos dando conta e analizando todo o que acontece.

Xente esperando para ver o ensaio definitivo de Eurovisión / Foto organización

20.10. Deixámosvos a nosa lista de favoritos e condenados para ir abrindo boca :)

20.29. Quen son os vosos favoritos? A nós gústannos os frikis… É unha mágoa que esta edición deixara no camiño a algúns dos máis prometedores. Os nosos favoritos da historia do festival xa os coñecedes.

21.06. Comezamos! Escoitando unha versión moi chunga do Satellite do ano pasado. Pero que é isto??

“Agora Lena vai de muller fatal”, din dende o xurado Disquecool. Que lle fixeron á doce rapaciña do ano pasado? Que vos parece? Debería Lena cantar abrindo o festival se ela mesma participa este ano?

21.12. España sairá no número 22 e Georgia pechará o festival.

Comezamos co ñoño de Finlandia. Chámase Paradise Oskar. Cun nome así non sabemos moi ben que pensar…

21.16. O cantante de Finlandia é o tipo de rapaz que ten a todas as nais namoradas. Pero non ás rapazas. Mirada seductora á camara mentras se funde a negro. Os ¿tres? minutos máis longos da nosa vida. Tras o aburrido de Finlandia chega Bosnia, cunha vella gloria do rock con ritmos balcánicos. “Solos de trompeta moi interesantes”, di Íñigo. Buf…

Aquí dividímonos entre fans desta ¿entusiasta? canción e quen pensa quen é demasiado poñelos despois de Finlandia. Os músicos tocan realmente os intrumentos? Dubidámolo. Acaban con fogo e saudiños.

21.21. Dinamarca. Ollo á camiseta. Fíxoo porque quixo!!

(Por certo… Son máis malvados que nós! Encántannos!)

Dinamarca é pegadiza e buenrollista. Se non miramos as súas costas (vamos, se non miramos a tele), pode gustarnos. Vale, rapaces, levar as costas ao aire non é sexy. Non é nada sexy. É chungo, moi chungo.

21.26. Non lle estamos a facer caso á cantante de Lituania, porque chegan visitas. E porque… total…

Lituania acaba de cantar na linguaxe dos signos. Chegaría por esto á final? Voto concienciado? Non entendemos se non que esta muller estea aquí con esta balada Disney-mátademe-antes-de-seguir-oindo…

21.29. O vestiario de Eurovisión daría para un libro. De onde sacan todos estes traxes tan demodé? Íñigo repite o que dixo sobre a cantante húngara na semifinal…

Hungría no escenario, con un look dos comezos dos 90 pero en versión de bolsillo. Tiña o vestido de entón e cortouno? O estilismo do coro tamén é impactante. Por que leva a un esquimó con ela?

21.34. Chega Irlanda. Son coma dúas piruletas xigantes! A posta en escena é bastante impresionante, aínda que recorda un pouco a 1984.  Ou aos enanos de Willy Wonka. (Isto dio unha inocente…)

É unha das favoritas e pode ter moitas posibilidades de conseguir gañar ou quedar moi ben posicionados. É moi pegadiza e animosa!

21.38. Chega Suecia. A nosa TDT empeza a fallar. A vosa? Tamén falla o en directo de TVE na web, polo que parece… Suecia ten un dos cantantes máis guapos de todos os cantantes, se che vai o rollo Justin Bieber crecidiño. Non bailan moi coordinados. E fan uns movementos un pouco extraños. Breakdance? E acaban rompendo un cristal, atentos!

21.41. Estonia é un pouco Katy Perry. O vestido é un dos nosos favoritos, aínda que non está cantando moi ben.

Debemos confesar que na redacción de Disquecool hai un pouco de disensión. Acaban de chegar os que din que é unha Barbie… Que saben eles…

21.46. Grecia: é unha homenaxe a Rihanna e Eminem? O cantante pseudooperístico é o outro dos guapos do festival. O recurso rap é unha desas cousas das que botan man os países para parecer modernos. Mal! Porque nesta canción non pegan uns con outros.

E acaba de abrir a chaqueta ao macho. E chega Zorba… Que queda por meter nesta canción que aínda non víramos??? Fogo, chaquetas ao aire…. Guau!

21.50. Chega Rusia. Chega montado nunha cousa moi rara. Grease eslavo? Back Street Boys de pega? O cantante de Rusia é un pouco quinqui-sacado-da-periferia -de-Moscú. Correr é unha especie de aposta para gañar dos países. Saiu alguén que non botara a correr no escenario?? Miraditas sepsys do cantante ruso…

21.53-O cantante francés vai cantar en corso. Vivan as linguas periféricas!! ;) Estamos debatindo: metade pensa que é mono, metade que non. Temos claro que non se peinou. Leva o pelo sucio ou demasiado cardado? Madre mía… Puxo a foto de solpor que ven no Windows como fondo de canción… Salvamos a mandíbula do cantante francés… pero nada máis. España non pode quedar de derradeira na puntuación… Será este rapaz!

21.58. Italia volve despois de moitos anos de desaparición. Cunha canción pseudoretro que non é gran cousa. Pode ser unha boa canción de ambientación no salón dun hotel, pero realmente agarda gañar Eurovisión con isto?? Calquera que cambie de roupa ou faga algo no escenario (queimar, romper, o que sexa) acabará con el.
22.02. Morreu internet e a tele…

22.09. Morreunos a TDT. Voltou internet. Estamos preparando unha conexión de emerxencia!

22.13Tivemos terribles problemas técnicos. Morreu a TDT. Caésenos a conexión a internet… Menos mal que cando volvimos aínda poidemos oir un pouco de Moldavia. Fans dos sombreiros!! (e bah! a quen lle importa que sexan uns Franz Ferdinand low cost?)

22.16. Lena volve ao festival. Este ano vai de femme fatal cunha canción cuns bailaríns raros. Vedes Community? Son os parentes plateados do Human Being!

22.19. Rumanía trae a un grupo de versións que vai cantar unha canción propia. Esta gustanos, aínda que preferimos non miralos. Que son esas miraditas? E sobre todo… que é ese estilismo!!!??? O pantalón non pode quedarlle máis mal. Faino patizambo. Deixamosvos un vídeo para que meditedes…

22.24. Chega Austria. Cunha canción sosa, moi sosa. O pelo está demasiado peiteado, non? Comeza a capella. Ben por ela, aínda que non por iso lle vamos dar a nosa bendición. É unha especie de Whitney Houston, non? E tan aburrida e sosa que non podemos nin facer comentarios malvados…

22.27. Chega Acerbaiyán e a nós gústanos. Non nos odiedes por iso. Hala… Acaban chovéndolles fogo…. (Os vestidos son mediterráneos de máis, non?)

22.32. O estilismo de Eslovenia fainos chorar. Que é ese vestido?? Vai demasiado fresca. “Cun look inspirado na prostitución”, din por aquí. Non pega coa súa canción o estilo dominatrix!

 

Chega Islandia cunha canción homenaxe ao cantante orixinal de Islandia, que morreu sorprendentemente. Momentazo bico!! Parecense todos moitísimo, non?

22.41. Chega España cunha canción un poco de feria, non? E… oese unha gaita!!! Lucía non baila moito, aínda que os seus bailaríns móvense xa por ela. Demasiado. Soa gaita de fondo. E a roupa de Lucía, por certo, chega de Lugo.

O momento estribillo… Agardábamos máis…

Conclusión: Para unha feira está ben – aínda que o de a gaita chegounos ao corazón . É animosa, latina. Din por aquí que se non entendes o que din… Pois quizais pase.

22.44. Madre de dios… Ucraína chega cunha artista efímera apoiando a canción.

(Disque din no Twitter que dixo moitas gracias Lucía… Pois non nos dimos conta…)

A obra de arte efímera de Ucraína, a canción nada e o vestiario menos. A cantante matou a unha galiña para facerlle os arreglos ao traxe.

Estupenda a artista efímera (o da canción de Ucraína é para acompañar, nada máis)

22.49. Serbia: gústanos o estilismo (moito) pero a canción non é moito. Pero… canta en serbio! (Gústannos os que non canta en inglés)

O fondo é se cadra psicodélico de máis.

(E de onde sacou os zapatos!!?? Querémolos!!)

22.54. Georgia non aporta demasiado, pero eso si, trae outro rapeiro (que para os participantes de Eurovisión é sinónimo de modernidade).

22.58. Resumen dos mellores momentos. Lituania é a peor, segundo unha das integrantes da redacción de Disquecool, con bastante éxito. O traxe de Hungría é horrible… Segue sendo horrible

23.00. Confirmado gracias a Twitter: Lucía Pérez dixo moitas gracias en Eurovisión!

23.04. Lucía Pérez é trending topic MUNDIAL!!!! A xente comenta: e se gañamos e todo?

O presentador da tele alemana parécese un pouco a Gaioso, non??

23.13. Están a facer o tempo en Eurovisión. Cando tiñabamos publicidade, viamos anuncios. Agora castígannos vendo estas actuacións de basura….

23.25. Que empecen xa as votacións, porque se temos que seguir vendo a estes presentadores apagamos o televisor. Acabamos de ver o que non queriamos da presentadora e do Gayoso falso.

Conta o Gayoso de mentira que van a dicir as puntuacións de modo resumido. Din os tres máis altos e os outros colocanse soiños na pantalla.

23.28. Primeiros puntos de Rusia. Grecia ten oito, Ucraína (a da area) ten dez e Acerbaiyan doce. Chega Bulgaria: Oito para Ucraína, dez para Grecia e doce a Reino Unido. Grecia vai de cabeza e España ten cero points.

Islandia tamén está con cero puntos, a pesar da historia tráxica. Doce puntos de Holanda ao rapaz das costas ao aire de Dinamarca.

Rafaella Carrá da os puntos de Italia!! Rafaella dalle os dez a Moldavia e doce a Rumanía, dos nosos favoritos.

23.34. España segue en cero puntos. A pesar do trending topic mundial. Finlandia e Suiza están no final con nós.

Xa non estamos na cola con Finlandia. Acaban de levarse doce puntos de Noruega (porque son veciños, que se non non o entendemos…)

23.40. Macedonia acaba de darlle catro puntos a España, os catro primeiros para Lucía. Xa non somos os últimos!!

23.41. Eslovaquia dalle máis puntos para España. Non o entendemos o de Ucraína. Está gañando pola artista efímera? Para o próximo ano, todos levarán un.

Reino Unido dalle un punto a España e… Votou a Irlanda en gaélico??

23.46. O que da os votos de Suecia… deixa sen palabras. Que é ese look? Camiseta propagandística (mirade ben, mirade) chunga…

23.51. Pero… Vai gañar Grecia?? Vai gañar Ucraína?? Todo por unha artista efímera con area!!!

Moi impresionante o que da os votos de Eslovenia (dous puntos para España!!) Bosnia&Herzegovina acaba de facerse con doce puntos e estase a colocar moi ben.

Vai gañar Suecia, case seguro. Por ser un clon de Justin Bieber. Por romper un cristal no escenario.

O portavoz de Turquía vai demasiado vestido, non? Un look moi business!!

23.57. Suiza dálle dous puntos a España. Grecia non lle da nada a España ( a pesar da raíña Sofía… Xa sabedes a teoría de Uribarri) pero deixounos impactados cos 12 a ¡¡Francia!!

00.00. A fronte do portavoz de Francia é… ben… grande. E… como chegou Italia tan arriba?? Doce puntos de Francia!!!

A propaganda de Vodafone no taboleiro de votacións é un pouco chunga…

Cinco puntos de Rumanía. E Acerbaiyan vai asentándose en postos de cabeza (e nós que queríamos ir a cubrilo in situ o ano que vén….) Vainos sair por un ollo da cara. Cinco puntos de Albania!

00.08. Portugal da os seus doce puntos. Non nos sorprende… aínda que tivemos un momento de pánico! Acabamos de darnos conta de que estamos por riba de Islandia e iso que eles levaban unha historia de traxedia e depresión.

Pouco durou a ledicia. Islandia xa supera!

00.11. A portavoz de Bosnia&Herzegovina leva un vestido de H&M do ano pasado. Identificámolo rapidamente.

Non entendemos como Italia está tan arriba. Por que?

00.16. Catro votos de Estonia para España, que axuda a asentar a Acerbaiján. Que o ano que vén nos vamos a Bakú….

00.18. momentazo! A de Moldavia leva os países apuntados na man!

Gañou Acerbaiyan (que non, non sei como se escribe en galego). Velaquí a canción gañadora. Se sabedes como se escribe, deixade un comentario por favor! :) O ano que vén iremos a Bakú!

Eurovisión remata! Íñigo acaba de ter un momento de micro aberto e acabamos de oilo dicir que el íase xa. Acerbaian (un lector chívanos o nome en Twitter) xa é TT (en alfabeto latino e cirílico), pero Lucía Pérez segue sendo trending topic tamén.

Acabamos aquí o directo! Gracias a todos por lernos!

Shares

6 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *