Dúas obras galegas, recoñecidas na Bienal de Arquitectura

O conxunto residencial Caramoniña, en Santiago de Compostela, do arquitecto Víctor López Cotelo, e a Casa en Paderne, en Lugo, do arquitecto Carlos Quintáns Eiras, veñen de ser recoñecidas cunha mención dentro do Premio de Arquitectura da XI edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU XI).

Os membros do xurado salientaron a “sobriedade, elegancia e sensibilidade” con que resolven a súa implantación nun contexto delicado e en cada un dos seus detalles. Sobre Caramoniña, os expertos destacaron o diálogo deste conxunto residencial co veciño parque de Bonaval, a coidada transición entre cidade histórica e a súa extensión, a construción dun percorrido público desde o privado, e o dominio da escala e do material.

Da Casa de Paderne resaltaron a “sabia transformación” dun antigo palleiro, mantendo os grosos muros de pedra e substituíndo os engadidos por unha lixeira envolvente de madeira que se abre á paisaxe.

O primeiro premio recaeu nun edificio de 131 Vivendas de Protección Oficial en Mieres (Asturias), deseñado por Bernardo Angelini e David Castro, de Zigzag Arquitectura.

Foto | Andrés Fraga

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *