Flickr é bastante popular e a Galicia non lle vai nada mal no que a presencia na rede de imaxes se refire. Segundo un estudio de contidos que acaba de facer público Yahoo! (os donos do Flickr, non o esquezamos), 362.986 fotos xa foron etiquetadas coa palabra Galicia.
Este número pona por riba de Cataluña ou Asturias (262.666 e 361.746 respectivamente), aínda que a primeira destas comunidades bate a Galicia en imaxes xeolocalizadas (a etiqueta que o usuario engade o escoller que Flickr saiba onde está).
En total, para toda España, existen dous millóns e medio de fotos etiquetadas co nome do país; seis millóns xeolocalizadas.
Típica foto galega, no Flickr de joaoa