É unha tradición como outra calquera, pero en Disquecool temos a costume de facer cada ano unha lista de potenciais katiuskas que podes mercar para xa non ser feliz no medio do mal tempo senón máis ben sobrevivir ao mesmo. A miña experiencia vital como santiaguesa demostrou que pouco importa o que digas ou fagas ou merques, cando chegan as chuvias torrenciais o único que salvará aos teus pés son unhas boas botas de goma. E por iso ano tras ano facemos proselitismo: vivan as katiuskas!
1. Hunter Terrazo Print
As Hunter xa sabedes que son ‘as katiuskas’ (as que levan as famosas e as que todo o mundo quere mercar, aínda que son bastante caras). A edición especial desde outono – inverno chámase Terrazo Print e está inspirada “no fondo da terra” (E o que din na nota de prensa de presentación).
2. Modelo Gangster
Non sei porque as chamaron gangster, porque son máis cor macaron de Ladurée que asasino dos anos 30, pero aceptamos a creatividade dos modernos. Estas gústannos porque son un pouco maleni con esa cor que non é nada e porque ademais son do máis baratas. Uns 20 euros en Asos.
3. Con animais!
Aquí entramos nas cousas sorprendentes que atopamos buscando en Pinterest. A última tendencia (as nosas pesquisas de anos anteriores non mostraban nada semellante) é a katiuska con estampado de animais. Atopamos pequenos raposos e tamén elefantes.
Foto destacada RebeccaVC1
Eu estas rebaixas fide me cuns botíns de chuvia da marca Break&Walk Formentera e non podo estar máis contenta. Ido sí, negros para que vayan con todo