Sónar 2015: xoves 18

sonar_publico

Foto: Fernando Schlaepfer

*Colaboración de Sabela Correa

Aínda estamos con resaca do Sónar, no que segundo as cifras oficiais hai xa máis visitantes estranxeiros que locais. Nun festival no que teñen cabida todos os estilos posibles relacionados coa cultura de clube, vimos a modernos, freaks, góticos, ravers, drag queens, peinados mullet… ata vimos algún indie despistado!

O noso Sónar 2015 comenzaba o xoves días 18 co concerto de Arca. Eran as 18:30 e case que se estaba mellor no Sónar Hall, un espacio pechado con cortinas vermellas recubrindo as paredes de arriba a abaixo, que fóra. Arca, o venezolano Alejandro Ghersi recibíanos con ligueiro e faixa negra e foi desgranando os temas de ‘Xen’, o seu disco, alternando composicións instrumentais con temas recitados e meneándose, sobre todo ao principio, polo escenario. O seu amigo Jesse Canda tiña conta dos audiovisuais: puidemos ver as súas famosas aliens antropomórficas de pandeiro desmesurado bailando twerking, ou proxeccións de fragmentos do interior da gorxa (algunha moa picada había) e ata un intrigante piano baby como o propio Arca o bautizou. Despois de tanta escuridade, parecía casi imposible crer que ao saír fóra o sol seguise brillando.

Foto: Ariel Martini

Foto: Ariel Martini

Non marchamos moi lonxe, pois o seguinte concerto que tiñamos sinalado era o dos ingleses Autechre, na mesma sala. Son un dos grupos insignia da discográfica Warp, pioneira da música electrónica. Non é un grupo para todos os públicos, xa que as súas estruturas son enrevesadas e ademais a conexión era complicada, coa sala completamente a escuras. Como experiencia, estar nunha sala chea de xente escoitando os pioneiros do IDM (Intelligent Dance Music) sen ningún tipo de luz é cando menos curioso.

Xa no Sonar Village un dj amenizaba a espera para o último concerto da primeira xornada: o dos Hot Chip. Sería o primeiro dos dous que tiñan programados pois o sábado actuarían de noite. O ingleses ían recibir a atención de todo o público do recinto diurno, xa que o concerto inagural do Festival, conducido polos Chemicals Brothers, era a algúns kilómetros de alí. Ataviado con sombreiro de palla e fanequeiras, Alexis Taylor, que xa se sorría, Joe Goddard e o resto da tropa saíron coa súa boa predisposición habitual a tocar temas do seu último disco e reinterpretando, coma sempre, os seus éxitos máis vellos, entre os que estaba a maravillosa Alley Cats, unha das miñas favoritas do ‘One Life Stand’.

hotchip

Foto: Fernando Schaepfer

Pero cando o público verdadeiramente toleu foi con Ready for the floor, na que nin nos importou que o elemento que tiñamos detrás tirase con tanto salto media cervexa por riba de nós. Alexis tamén se veu arriba porque se achegou á valla de seguridade para darse un baño de masas, xusto diante de nós, así que tivemos o noso momento groupie do festival e aproveitamos para darlle a man! Para rematar a festa fixeron unha magnífica versión do Dancing In The Dark de Bruce Sprinsteen. Bravo!

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *