A curiosa obsesión do Sónar cos xemelgos

sonar

*Colaboración de Sabela Correa

Que as campañas de promoción do Sónar xeren expectación e que sexan case un evento en si mesmo non é nada estraño. Estrañas e inquietantes si que adoitan ser as formas das súas propostas. No mes de outubro do ano pasado o Sónar iniciaba un proceso de selección de xemelgos e xemelgas (idénticos) para a promocionar o festival de 2015.  A idea da campaña deste ano estaba ligada á propia historia da promoción do festival ao longo do tempo. Seguro que algunha ou algún lembra as irmás paranormais do ano 2000. Si, aquelas raparigas intrigantes que levitaban ou eran quen de mover teteiras. O conto das xemelgas medrou tanto que a lenda dicía que eran rusas.

Para 2015 o ideólogo das campañas decidiu buscar dous mozos ben parecidos e sorrintes para contrarrestar un chisco e casalas. Para o banquete, claro, había ducias de xemelgos que asistiron á ceremonia e ao banquete nupcial. Para a boda as xemelgas remexeron ben no seu armario e locen os traxes orixinais do 2000.

Merry Christmas 2015 from Sónar on Vimeo.

En 2010 o Sónar celebrouse tamén en A Coruña, co gallo do Xacobeo 2010,  para o que idearon Finisterrae, a historia de dúas pantasmas que deciden facer o Camiño de Santiago en busca de respostas.

FINISTERRAE – Trailer 1 from Sónar on Vimeo.

Sempre transgresor e ás veces polémico, houbo de todo nos 21 anos de andaina do festival. Desde un triángulo e outros poliedros con patas nun escenario ártico, unha campaña de venda do festival, o efecto tunning, vedettes brasileiras, seres mitolóxicos que parecían sacados do Cremaster de Matthew Barney … ata o Dioni apareceu nun anuncio do Sónar nun ano adicado a grandes timadores.

Un dos nosos favoritos é este que nos lembra a unha recente gañadora de Eurovisión, porque nos encantan as animadoras e as mulleres con barba.

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *