Disquecool invita: Lori Meyers en Ferrol!

lorimeyers

Para que despois digades que sempre nos ocupamos dos mesmos lugares, que estamos centrados nun eixe atlántico que se centra demasiado en Compostela e en Vigo e case nunca sae de aí, que como moito sube ata A Coruña, pero non máis. Somos ben conscientes de todo isto e sempre queremos cambialo, así que o de hoxe é coma un primeiro paso na boa dirección. Sorteamos entradas para un concerto que terá lugar… en Ferrol! Queridos ferroláns lectores de Disquecool, é o momento de que deixedes claro que tamén existides!

O concerto é o que darán Lori Meyers o vindeiro sábado 25 de abril no Auditorio de Ferrol, que será ademais o único concerto que a banda granadina dará en Galicia (a primeira vez que tocan aquí neste 2015!). Que sorteamos exactamente? Unha entrada dobre para o concerto, para que o gañador ou gañadora poda invitar tamén a algún amigo (ou amiga!) a ir ao concerto.

Nesta parte do post é cando normalmente dicimos algo do grupo que toca, pero Lori Meyers son xa de sobra coñecidos por todos, non? Xa sabedes, os de cancións como Mi realidad ou este Emborracharme.

E agora a pregunta á que tedes que contestar nun comentario a este post para participar: por iso de que hoxe empeza a fin de semana, que moitos sairedes de festa e o alcohol fluirá nas vosas veas, en honor ao nome de Emborracharme, dicídenos outra canción de temática alcohólica! Só unha canción, que moitos vos emocionades con estes concursos, e que non sexa repetida! Tedes ata este martes 21 de abril ás 23:59 para participar. Enviaremos mail aos gañadores, que deberán contestar rápido para non ter que repetir o sorteo.

Listos? Sorte! E bebede con moderación.

Shares

17 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará