Feliz Día da Ilustración! Actividades para celebralo debuxando

Hoxe, 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao, celébrase tamén o Día da Ilustración en Galicia. Coincidencia? Claro que non. O caso é que hoxe é un día no que celebrar os libros con debuxos, no que coller caderno e lapis e lanzarse a crear como cando eramos nenos, no que mercar algún conto ilustrado, no que fixarse no nome do ilustrador responsable dos debuxos do que era o teu conto preferido cando eras pequeno.

Podes facer calquera de estas cousas de forma independente, ou podes achegarte a Vigo ou á Coruña e participar nalgunha das actividades organizadas ou participadas pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Tes moito onde escoller durante toda a fin de semana!

En A Coruña:

ilustracion-corunha

E en Vigo:

ilustracionvigo

Hai moitas bibliotecas que tamén teñen unha programación especial, con moitos obradoiros para nenos. E aquí xa non só en Vigo e A Coruña!

ilustracionbibliotecas

Ademais de todo isto, esta tarde (ás 19:00h) terá lugar tamén na Biblioteca Pública Miguel González Garcés en A Coruña a mesa redonda “As mil caras da ilustración: novos campos e soportes para o traballo ilustrado”, na que participarán os ilustradores Marina Seoane, Sekone e Alberto Guitián e presenarán o Caderno AGPI 2015.

Non tes ganas de debuxar?

*O deseño dos carteis é de Nuria Díaz

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *