Galician-chic ou só WTF?: como un hórreo acabou nunha tenda de Loewe en Miami

Non temos moi claro que opinar sobre esta idea así que vola imos mostrar, vos imos contar a historia e vós xa podedes facer opinión e debate nos comentarios. A idea é isto:

LOEWE MIAMI

Una foto publicada por Jonathan Anderson (@jonathan.anderson) el


E o que vedes é a nova tenda que Loewe acaba de inaugurar en Miami. Loewe é unha marca de moda española e centenaria (foi fundada no 1846), que fichou hai un tempo a Jonathan Anderson (o dono da foto en Instagram), un deses nomes prometedores da moda para conseguir un novo xiro á marca (e facela máis viral, ou como sexa que se lle chama no mundo da moda a que todo o mundo fale de ti). Presentaron coleccións novas en terreos que tiñan perdidos (como a moda de home) e están abrindo máis tendas cool. E entre esas tendas cool que están a abrir está a tenda de Loewe en Miami.

A tenda abriu hai nada no distrito do deseño de Miami e, como contan na web do distrito (e a foto destacada é deles), trae os “pilares” de Loewe, que son artesanía, progreso e moita experiencia coa pel. Eles non o din pero unha foto ben que nolo mostra. A tenda tamén trae consigo un hórreo. Por que? Por que desmantelar peza por peza un hórreo e volvelo a montar nunha tenda en Miami peza por peza?

“Queríamos mostrar un fragmento da historia de España dun xeito moderno: sacalo do entorno, fóra de lugar, un edificio nun edificio”, di Anderson a un medio deses especializados ao fío da inauguración. “Quería algo que representase a España pero volvéndoo contemporáneo”, apuntou en declaracións a Style. Por iso trouxeron un hórreo (do século XVIII).

O curioso – o moi curioso – é que a pesar de todo entusiasmo pola cultura vintage de España e polo toque rural-retro-chic que lle dan á tenda o hórreo non ven de Galicia. En realidade, mercárono en Monçao, que está, como ben sabemos, no outro lado do Miño.

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *