Off Culturgal 2014 en imaxes

Pasou xa case unha semana e por fin estamos a recuperarnos. Un ano máis, en Disquecool estivemos no Culturgal e, ademais de ter o noso posto os tres días para coñecervos a todos e dar resposta a algunha desas dúbidas que sempre tivemos (cal é a palabra máis odiada polos galegos, por exemplo), fomos os encargados de organizar o Off Culturgal. Nove proxectos creativos foron presentados polos seus responsables, co tic tac do reloxo sempre metendo presión (os seis minutos eran moi estrictos) e coas súas 18 imaxes de fondo pasando implacables cada 20 segundos.

Este ano tivemos ademais o pracer de contar non con unha, senón con dúas presentadoras: Belén Regueira, xa unha vella coñecida do Off Culturgal, repetiu, e foi acompañada por Mónica Ares. Todo un luxo no escenario para introducir os proxectos e xestionar as preguntas. Os proxectos seleccionados foron Etel Bande, Wiimbo, Arteficial, Metrocuadrado Design, Versogramas, A Tenda da Gata, o Coro do Local de Música, Proxecto Arga e Irmás Cartoné. Pero deixémonos de palabras. Isto é o que foi o Off Culturgal 2014 en imaxes:

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *