Xa sabedes iso de que celebrar o Nadal o día 25 é moi mainstream. Para iso está xa inventado o Nadal hipster, que este ano é o día 22, pero para nós non é suficiente. Pasar de facer agasallos cando os fai todo o mundo a facelos cando os fan todos os hipsters? Non sabemos que é peor. Así que decidimos adiantarnos un pouco máis. O Disquenadal empeza xa hoxe e dura varios días! Gustaríanos ter un agasallo para cada un de vós, pero non temos os poderes máxicos de Papá Noel nin dos Reis Magos, así que temos que conformarnos con facer un sorteo. Iso si, o premio é bo! Cortesía de Novedades Carminha, que nos (vos) regalan dúas entradas para o seu concerto na Sala Capitol en Compostela o vindeiro xoves 18 de decembro.
O sorteo desta vez vai de doces. Aproveitando que Novedades Carminha decidiron levar á fama mundial os Caprichos de Santiago adicándolles un tema, queremos que nos digades que outros doces merecerían unha canción deles (non, non temos confirmación de que a vaian escribir, pero vós intentádeo). Deixade as vosas suxerencias nos comentarios antes das 23:59 do luns 15. Entre todos os participantes faremos un sorteo e contactaremos cos gañadores por mail o martes 16 a mañá. Imos un pouco a contrarreloxo, así que se non contestades nese mesmo día, perderedes o dereito ao premio e escolleremos a alguén máis.
Sorte!
Eu creo que está mais que claro, turrón de gintonic.
Primeiro, se alguén pode facer apetecible esa cousa estraña e facer que o probemos, son eles.
Segundo punto, se imos de jísters celebrando o nadal cando non é, imos selo até o final comendo un turrón que non é turrón e que está feito da bebida máis emblemática da tribo.
Terceiro, quero un vídeo desa canción cun nadal bizarro porque si, porque por pedir non cobran e porque pra min Novedades é grupo de verán preciso unha excusa pra convertilo en grupo de 12 meses 12 causas.
E por último e non menos importante, ese día acaban as aulas (bue, non, pero todos sabemos que ese venres na realidade non existe) e quero estar en Compos cun paquete de turrón de gintonic na man modo desfase no seu concerto. Porque ir coa gorra de capitán de barco, xa nunca máis será suficiente.
pedras de santiago
mazá asada con viño tinto
orellas de entroido
Queixo de tetilla
As garrapiñadas. Ninguén pensa nunca nas garrapiñadas!
Leite frito
Os nevadiños, as améndoas recheas, as peladiñas e, por suposto, o Suchard! O clásico, nada de Magic Mix ;)
Os polvoróns!
Jajaja o queixo de tetilla!
Turrón de Carne Richada,
http://temposgalegos.com/2014/12/11/o-novo-turron-de-carne-richada-chegara-este-nadal/
Ós “esponjosos” de chocolate de Raposo!!!!
As filloas!
Os melindres!
Queso con membrillo. Tu eres mi queso yo tu membrillo… la veo la veo :)
Está claro: os melindres de Melide!