Bicis vestidas de coches para falar de espazos

Son os ciclistas os culpables dos atascos? Si, si, xa sei, a dúbida ofende, pero sabemos tamén que hai moitos conductores de coches que culpan á xente que vai en bici de todos os seus problemas. En Letonia están un pouco fartos de todo isto, polo que aproveitaron o Día Mundial Sen Automóbil (o pasado 22 de setembro) para deixar unha cousa clara: as bicis ocupan moito menos que os coches.

Pequena obviedade, si, pero é fácil esquecela ou non prestarlle importancia. A idea dos ciclistas letóns da organización Let’s Bike It foi amosar a diferencia para concienciar sobre como malgastamos o espazo cada vez que collemos un coche para ir nós sós. Cal foi a idea? “Vestir” ás bicis de coches utilizando unha especie de esqueleto exterior, facendo que cada bici ocupase o mesmo que un coche.

Cantos atascos evitaríamos se máis xente escollese a bici? E non poñades a excusa do mal tempo, mirade o chan das fotos: era un día de choiva! Poñerse en forma, evitar emisións e acabar cos atascos. Que facedes que non colledes a bici todos os días?

Fotos | Let’s Bike It

Shares

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *