Olei, un vinagre feito con albariño

image002

Nas listas de vinagres que posiblemente vexas en todos os pratos que se precen de gourmets nos lugares da túa lista de cabeceira posiblemente vexas aparecer ben pronto a un novo vinagre autóctono. Olei, a mesma que está detrás do aceite de oliva premium fabricado con olivas galegas, acaba de lanzar ao mercado un vinagre tamén premium e tamén feito con cousas autóctonas. Tan autóctonas como unha boa copa de viño albariño.

“É o primeiro vinagre de viño albariño que se fai en Galicia”, explicaba María Estévez, a CEO de Invantia, a empresa que está detrás de Olei, na presentación a medios do novo vinagre na compostelá A Curtidoría (tapas con vinagre como base incluídas). Non quere dicir isto que ninguén fixera antes un vinagre partindo deste viño a nivel máis doméstico, senón que é a primeira vez que se fai coa idea de comercializalo e que chegue ao mercado. De feito, en Portugal, o de facer vinagre con albariño non é tan exótico.

pajarito2 (1) (1)“O vinagre naceu como un propio complemento ao aceite”, apuntaba sobre as razóns polas que se lanzaron a crealo. Un aceite, como ben saben os fabricantes de aceiteiras, precisa un vinagre que sexa o seu compañeiro. En Olei tamén se lanzaron a crealo. “Tiña que ser galego e a elaboración tiña que seguir a tradición galega”.

Probaron con varios viños de denominación de orixe galega e ao final gañou o albariño e – de forma específica – a uva do Condado, gracias aos seus matices e ás posibilidades que ofrecía en cuestión de aroma, sabor ou aspecto.

Fixéronse con 1.500 litros da colleita de 2012 e con eles fixeron 1.000 litros de vinagre (que, tras dous anos de desenvolvemento de produto e nun packaging moi na liña do propio aceite Olei, xa están en tendas gourmet).

Como facer vinagre?

O proceso de facer vinagre require tempo e, como acabamos de ver, moitos litros de bo viño, máis que complicacións. “É un proceso moi sinxelo”, dicía Estévez na presentación. Hai que acumular o viño e “movelo” durante moito tempo para quitarlle o alcol. O resultado dese proceso é o que se coñece como “a nai”, o elemento base do vinagre e que é o despois se sumará aos demais elementos para crear a botella de vinagre que tes na casa. E si, se o vinagre ten un cheiro ben forte, a nai é bastante abafante.

Por suposto iso non é o que proban os catadores de vinagres (que tamén os hai). “O vinagre cátase co dedo”, demostraba María Estévez. Os catadores mollan un dedo nunha copa de vinagre e despois iso é o que chupan. “Só se toma un pouquiño de vinagre porque é algo moi potente”, dinos (as mulleres do XIX que o bebían para parecer lánguidas poderán confirmalo).

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *