Toda a moda de Mad Men nun gif

mad men

Unha das series favoritas da redacción de Disquecool acaba de volver ás pantallas (e por pouco tempo). A derradeira tempada de Mad Men xa está aquí (aínda que a partan en dúas metades para que nos dure un pouco máis) e é tempo de gozar do que queda e de facer balance de todo o que nos deixou. Porque nestes anos que Mad Men leva nas nosas vidas influíu en moitas cousas, entre todas elas en moda.

Mad Men puxo de moda (outra vez) os looks de aires New Look da primeira tempada, recuperou o glamour dos anos 50 e as saias inmensas e fixo que todo o mundo se volvese medio tolo por ter ese aire elegante e perfecto dos seus protagonistas. Por poñer de moda ata puxo as faixas (claves para algúns dos looks que se vían na pantalla) e recuperou algunhas prendas de lencería. As sete temporadas permitiron ir avanzando na moda da época, ata chegar á psicodelia e as mini saias da sétima e derradeira tempada.

E que mellor para celebrar a súa volta que un gif con todos os cambios en moda que puidemos ver na serie?

toda a moda de mad men en 3 segundos

(Fai click para velo)

 

Shares

Etiquetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *