Podemos dicir que se trata de guilty pleasures, pero deberiamos ser máis valentes e aceptar que son praceres sen máis, sen culpabilidade. Dicímolo con orgullo cando falamos dos anos 80 (‘The Breakfast Club’ ten un 7,9 en IMDb, hai máis sentirse guay que culpable), pero as cousas son cada vez máis difíciles conforme avanzamos cara o final dos 90 ou, aínda peor, o principio da década dos 2000. As boas novas son as seguintes (e colle aire, porque igual mentalmente estabas aínda non moi lonxe de todos estes filmes): xa imos algo vellos. ‘Mean Girls’ cumpre dez anos agora. E o gran shock: ’10 cousas que odio de ti’ está no seu 15 aniversario. ‘American Pie’ tamén.
Xa temos a suficiente distancia como para desfrutar destes filmes de institutos con geeks e animadoras e capitáns do equipo de fútbol sen sentirnos mal. Estes son os nosos 10 favoritos, coa súa nota en IMBd ao carón, para que vexas que ningún baixa do 6 (e moitos están preto de chegar ao 8).
1. ‘Máis vale morto’ (1985) – 7,3. A John Cusack déixalle a moza (estás a ter un déjà vu?) e non fai máis que intentar suicidarse. Agora xa non deixarían facer filmes con este humor negro sobre adolescentes suicidas!
2. ‘Heathers’ (1989) – 7,4. Para escuridade a de ‘Heathers’, con Winona Ryder e Christian Slater acabando coas populares do instituto a base de balazos. O instituto foi sempre a guerra.
3. ‘Fóra de onda’ (1995) – 6,7. Alicia Silverstone é popular e tonta, e o filme terriblemente divertido.
4. ‘Noviñas e bruxas’ (1996) – 6,3. Quen non desexou nunca no instituto aprender algo de maxia negra para atacar ao grupo de populares?
5. ‘Xa non podo esperar’ (1998) – 6,5. Jennifer Love-Hewitt e outros actores antes de ser famosos e unha festa de graduación na que cadaquén ten os seus plans.
6. ‘Never been kissed’ (1999) – 6. Drew Barrymore é unha xornalista que volve ao instituto facéndose pasar por estudante (xornalismo gonzo!) e intentando o que non logrou de adolescente: molar. Acaba co profesor (afortunadamente, calquera outro resultado sería raro).
7. ’10 cousas que odio de ti’ (1999) – 7,2. O gran clásico no que Heath Ledger intenta seducir a Julia Stiles (que era feminista e pasaba de todo), e no que Joseph Gordon-Levitt aínda era pequeniño.
8. ‘Election’ (1999) – 7,3. Reese Witherspoon quere gañar as eleccións no seu instituto. E, como na política da vida real, fará calquera cousa para logralo.
9. ‘Rapazas malas’ (2004) – 6,9. ‘Mean Girls’! Pode verse con tranquilidade porque si, a protagonista é Lindsey Lohan, pero Tina Fey está no reparto e iso sempre dá caché.
10. ‘Salvados!’ (2004) – 6,9. Mandy Moore e Macauley Culkin! Un filme sobre un grupo de rapaces de instituto cristáns radicais! Ela intenta salvar ao seu ex-mozo, que di que é gay, levándoo á heterosexualidade perdendo a virxinidade xuntos! (Xesús perdoará esa misión!).
Sen dúbida falta o guilty pleasure máis teenager: Todas contra él (John Tucker Must Die).
Eu engadiría ”O caramelo asasino” como bizarrada. Seguide así, son moi moi moi fan!