Disquecool invita: Basia Bulat en Vigo

Basia Bulat

Encántanos que a Basia Bulat lle guste tanto vir por aquí, porque nós somos moi fans dela. Non só é un encanto absoluto persoalmente, senón que ademais a súa música é fantástica e nos concertos toca sempre moitos instrumentos (ademais do principal, o da súa voz). O ano pasado sacou disco novo, ‘Tall Tall Shadow’, así que lle toca presentalo por aquí. Pasará por Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla e despois, por fin, por aquí: polo Torgal en Ourense o 6 de febreiro (collede entrada xa, que case non quedan) e por Vigo o 8 de febreiro. E para este último concerto, o de Vigo, sorteamos unha entrada dobre, cortesía de Coconut Producciones.

Que tedes que facer para participar no sorteo? Primeiro ver este vídeo:

Fixádevos que na primeira canción, City with no rivers, Basia toca un instrumento que non estamos moi afeitos a ver, o charango. Para este concurso tiraremos por aí. Para participar, só tedes que deixar un comentario indicándonos algunha outra música (si, muller) que toque con frecuencia instrumentos inusuais. E como estamos xenerosos e non queremos poñer tan difícil o de participar, aceptamos a calquera que non toque únicamente a guitarra (é dicir, aceptamos ukelele, por exemplo, que inusual, inusual xa non é). E xa se adxuntades vídeo de exemplo, moito mellor!

Tedes ata o vindeiro luns 20 de febreiro ás 23:59 para participar cos vosos comentarios. Sorte!

Shares

23 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *