Escribe a #Disqueobra e leva un pack de libros!

libros interiorMoito nos gustan os experimentos e moito máis os experimentos literarios! Na Disquefesta xa vos demos a oportunidade de facervos con algúns bos libros en galego participando nesta arriscada experiencia… pero agora repetimos (porque a idea nos encanta!). Queremos que fagades literatura en Twitter!!

Tedes dende hoxe, venres 8 de febreiro, e ata o próximo venres, 15 de febreiro, para facelo. Nós dámosvos a inspiración e vós botádeslle o talento. Entre todos os participantes sortearemos un pack de libros no que están ‘Ninguén’, de Fran Alonso (Xerais), e ‘Semanas, meses’ de Reko e Tina Lundán, e ‘A estrada’, de Cormac McCarthy (ambos de Faktoría K). Como podedes participar?

O primeiro é descargar este documento: Disqueobra. Nel atoparedes 63 elementos inspiradores para poder construír a vosa obra. Podedes escoller o que máis vos guste ou podedes facelo tipo reto (que é máis emocionante!) facendo que Random o seleccione por vós. Xa tedes o elemento inspirador. Agora só tendes que pensar no que queredes contar.

Cando o teñades, publicade un tweet empregando o hashtag #disqueobra e o número do fragmento que vos inspirou. Por exemplo, poñamos por caso que foi o número catro. Sería #disqueobra 4. Terás que seguirnos para que podamos contactar contigo se ao final es quen leva o premio. Lembrade que o que buscamos é facer microliteratura, así que cada unha das vosas obras terá que ocupar un único tweet. Entre todos os participantes sortearemos, empregando Random, o lote de libros.

A que estas agardando? Quen sabe se entre todas estas microbras non estará o punto de inspiración para a gran novela da literatura galega.

Fotos | cogdogblog | shutterhacks

Shares

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *